Skip to Content

1º Curso

Tarefas semana do 30 ao 3 de abril

Tareas semana del 30 de marzo al 3 de abril.

 

 

 

_ Escribimos un conto coas palabras: ogro, semente e ordenador.

 

 

 

-Inventamos dous xeroglíficos con debuxos. A ver se son capaz de atopar a resposta

 

 

Ex                         +         

Resultado de imagen de dibujo sol   Dibujo de Dado para Colorear - Dibujos.net

 

 

(soldado)

 

 

 

 

 

 

 

 

- Buscamos no calendario os nomes dos meses con -br e os copiamos.

 

 

 

- Escribo 3 números, de dúas cifras, que teñan 7 decenas, e 3 números que teñan 1 unidade.

 

 

 

-Escribo os números anteriores de maior a menor poñendo o símbolo > < onde corresponda. (Vos acordades das bocas?)

 

 

 

-Debuxo cantos billetes e moedas necesito se quero conseguir 24 €. Cantos grupos diferentes eres capaz de facer?

 

 

 

 

_Debuxamos a nosa flor favorita e escribimos as súas partes.

 

 

 

-Cal é a profesión dos meus pais? A que sector pertence? Primario(obtén cousas da natureza), Secundario ( fabrica ) ou de Servicios

 

 

 

Como sempre non vos olvidedes de lerlle algo a papá e mamá. Seguide sendo así de boísimos e bos traballadores pero non vos olvidesde de xogar.

 

 

Un biquiño moi grande a todos e todas.

 

 

 

 

 

Traballo para semana do 23 ao 27

 

Queridas familias como xa vichedes na páxina principal cada titora ten a súa conta de correo para que poidades comunicarvos con nós se o necesitades e poidades comunicarnos as vosa dudas e necesidades. Desde inspección deixáronnos claro que non vos podiamos dar material novo so repasar o que xa se ensinou en clase e por esa vía van as actividades que vos envío.

Algunha familia indicoume a súa dificultade para expresarse en galego. Eu, e o colexio en xeral, espresámonos en galego porque é o protocolo desde a consellería, pero iso non significa que teñades que facer as tarefas en galego. O importante é que os nenos e nenas sigan lendo e escribindo, se pode ser en ambos idiomas mellor pero cada un atendendo ás súas propias circunstancias. Por outro lado estas actividades non son avaliables, son, sobretodo una axuda para os nenos e que manteñan o contacto co colexio, facede o que poidades que seguramente a maioría xa bastante tedes; o que si gustaríame, se podedes, que me enviedes ao coreo que vos facilitamos as tarefas que vaiades facendo.

 

Por otra parte algunha familia me solicitou traballo a maiores, con tal fin vos engado dous ficheiros PDF para traballar se vos apetece

 

_Buscar pola casa obxectos que sexan cilindros, conos, cubos ou pirámides e cos resultados e elaborar unha tabla, indicando onde hai mais.

 

 

Cociña

Baño

Dormitorios

Salón

Cubos

 

 

 

 

Cilindro

 

 

 

 

Pirámides

 

 

 

 

Conos

 

 

 

 

 

Cantos cilindros hai máis que pirámides? Cantos cubos máis que cilindros?

 

- Coa axuda da familia buscar nun mapa de Galicia ou en Google Maps 1 vila ou cidade na costa, unha na montaña e outra no campo. Una vez a teñamos as colocamos nun mapa de Galicia e escribimos o seu nome. Tamén podemos debuxar algún monumento típico de cada unha. Deixovos este como exemplo.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

- Escrbir un conto que teña estas tres palabras: flor, árbore, bolígrafo.

 

- Axuda aos teus pais a escribir a lista da compra.

 

_ Debuxa dous animais carnívoros, dous hervíboros e dous onívoros.

 

_ Debuxa a túa silueta e sinala onde están as túas articulacións ( cóbado, xeonllo...)

 

Traballo para semana do 16 ao20

Distribuir contido


by Dr. Radut