Skip to Content

Secretaría

NOTAS DO PRIMEIRO TRIMESTRE DO CURSO 20-21

PUBLICACIÓN DE NOTAS DO PRIMEIRO TRIMESTRE

As notas do 1º trimestre deste curso serán publicadas por Abalar Móbil o luns 21 de decembro ás 13.00 horas. NON SE ENTREGARÁN EN PAPEL. Para calquer incidencia poden consultar coas respectivas titoras.

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS PARA ALUMNADO

O REPARTO DE MÁSCARAS FARASE DIRECTAMENTE AO ALUMNADO O DÍA 8 DE XANEIRO, SEMPRE E CANDO TEÑAN DEVOLTO NAS TITORÍAS O DOCUMENTO DE ENTREGA CUMPLIMENTADO E ASINADO POLAS FAMILIAS.

RECIBIRÁN TRES MÁSCARAS DE 50 LAVADOS CADA UNHA QUE DARÁN COBERTURA AOS DÍAS LECTIVOS QUE RESTAN DE CURSO.

LISTADO DEFINITIVO DE ADMITIDOS DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS

Todas as solicitudes foron admitidas. Tamén lle corresponden máscaras a todo o alumnado que recibiu a axuda dos 50 € para a adquisición de material.

 

25 de Novembro: día internacional contra a violencia de xénero.

 

25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Pola eliminación da violencia que se exerce sobre as mulleres en todo o mundo e reclamar políticas en todos os países para a súa erradicación.

Os nenos e nenas do CEIP Illas Cies quixeron, para conmemorar este día, participar cun vídeo onde están todas as súas reivindicacións.

PREME NA FOTO PARA VER O VIDEO

 

 

AULA VIRTUAL

RECOMENDAMOS CAMBIAR O EMAIL NA AULA VIRTUAL DO COLEXIO

Cando accedemos por primeira vez á aula virtual, temos que cambiar o contrasinal, pero É IMPORTANTE QUE NON NOS ESQUEZAMOS DEL PARA PODER FACER USO DA AULA. Por se o esquecemos, necesitamos cambiar obrigatoriamente o email. A continuación podedes ver un pequeno titorial de como cambialo.

PREME AQUÍ PARA VER O VIDEO TITORIAL

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE ALUMNADO DE PRIMARIA

ORDE QUE REGULA A DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO DE PRIMARIA

Orde do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, secundaria obrigatoria e educación especial

  Alumnado destinatario

Alumnado matriculado en educación primaria e cumpra os seguintes requisitos:

  • Fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar (orde 12 de maio de 2020)
  • Non fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar, pero
    • Pertenza a familias cunha renda per  cápita igual ou inferior a 6.000 euros
    • Matriculado en educación especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65%, con independencia da renda da renda da unidade familiar 

·        Competencia e procedemento

  • Son os centros docentes, a través da aplicación informática, tramitar as solicitudes e realizar os demais actos de xestión
  • En base ao artigo 23.4 e 5 da citada lei, o prazo máximo para tramitar o procedemento será de tres meses contado a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia, transcorrido este, a solicitude poderá entenderse desestimada por silencio administrativo negativo·      

Exentos de presentar solicitude 

  • Non terán que presentar solicitude o alumnado que fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar durante o curso 2020-21.
  • Presentación da solicitude

    • Deberán presentar solicitude os pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado que non presentou solicitude de material escolar en forma ou resultou excluída.
    •  A solicitude será única para todos os fillos que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2020-21
    • As solicitudes deberán presentarse presencialmente no centro docente onde estea matriculado o alumno/a  empregando o formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal
    •  O formulario tamén se pode obter
      • No centro docente
      • No portal educativo http: edu.xunta.gal 
      • Descargalo directamente dende este enlace
  • Prazo para presentar a solicitude

    • 10 días  hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial   de Galicia (16 novembro-27 novembro) 

ANEXOS PARA PRESENTAR

SEMANA DA TRADICIÓN ORAL

ESCOITAMOS AS HISTORIAS QUE NOS CONTAN OS NOSOS MAIORES

Anímate a gravar as historias que nos contan as persoas maiores. Podes axudarlles a contalas, facendo unha presentación, entrevistando con preguntas,...... 

Disfrutamos do Samaín no noso horto.

PREPARANDO O MAGOSTÍN

PREPARAMOS AS CASTAÑAS PARA O MAGOSTÍN

ESTIVEMOS TODA A MAÑÁ AMOXETANDO AS CASTAÑAS PARA ASAR

*AMOXETAR: cortar cun coitelo as castañas para que ao asalas non estoupen.

SAMAÍN 20.21

O Samaín chegou ao cole.

Este ano na forma de Magostín 2020 con este impresionante decorado.

Distribuir contido


by Dr. Radut