PERIODO ORDINARIO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO
Estimadas familias,
O período ordinario de admisión para o novo alumnado (4º Educación infantil e alumnado que cambia de centro) será do 1 ao 20 de marzo. Adxuntamos o impreso (ED550B) e un manual de axuda para as familias. Tamén se pode descargar na páxina admisiónalumnado ou ben recollelo na secretaría do centro.
A solicitude de admisión poderá facerse de tres formas distintas:
Presentando o impreso ED550B cuberto a man ou a ordenador na secretaría do centro que soliciten en primeiro lugar.
Presentando a solicitude creada a través da aplicación admisiónalumnado no centro educativo solicitado en primeiro lugar.
Creando a solicitude na propia aplicación admisiónalumnado e presentada a través da Sede Electrónica (se se ten certificado dixital ou Chave 365)
Documentación requerida
- Solicitude
- Libro de Familia.
- Alumnado con NEAE informe que o acredite.
HORARIO DE ATENCIÓN NO PERÍODO DE ADMISIÓN DO 1 AO 20 DE MARZO
LUNS
|
8:45 a 14:00
|
MARTES
|
8:45 a 9:45 e de 10:40 a 14:00
|
MÉRCORES
|
8:45 a 11:30
|
XOVES
|
11:30 A 14:00
|
VENRES
|
8.45 a 9:50 e de 11:30 a 14:00
|