CEIP O Marbán
Enviado por admin o Mér, 24/10/2018 - 19:01O noso centro cambia de nome. De agora en diante será CEIP O Marbán, pois existe unha lenda, de tradición oral, que hai moitos anos, tivo lugar a batalla das Cen Doncelas, na que un noble francés, Sumaças, conseguiu vencer coas súas tropas aos musulmáns; o que motivou aos Reis de España a outorgarlle o territorio que hoxe leva o seu nome.
Ao parecer, ás Cen Doncelas eran levadas aos haréns moros. Estas mulleres eran cautivadas nos lugares do municipio e levadas á Casa Grande de As Enchousas. Logo eran embarcadas con destino a África. Os barcos que as levaban podían ser vistos desde o monte máis alto do municipio, desde o que se contempla o mar. Alí acudían os lugareños para despedir ás doncelas exclamando "polo mar van", frase que máis tarde daría nome ao lugar de Marbán.
XOGOS DE MESA PARA APRENDER E REPASAR AS TÁBOAS DE MULTIPLICAR.
Enviado por patricia o Mar, 26/11/2024 - 08:46Aprender as táboas de multiplicar sin ter exclusivamente que memorizar é ademais de posible, moito máis que recomendable para unha aprendizaxe que perdure nos nenos e nenas. Algúns xogos son:
- MATICA de Mercurio (dende os 7 anos).
- OPERACIÓN GRANJA de Falomir (dende os 6 anos).
- SPY CODE de Atomo (dende os 7 anos).
- CÓDIGO SECRETO 13+1 de Haba (dende os 8 anos).
- LAS AVENTURAS DE LAS TABLAS de Haba (dende os 7 anos).
+
20 DE NOVEMBRO DÍA DA INFANCIA
Onte foi o día da infancia e todos os nenos/as viñeron en pixama ao cole. Ademáis, os nenos/as de infantil fixeron unha sesión de cine na clase para a cal tiveron que facer a súa entrada de cine.
Vimos MASCOTAS 2 e comimos palomitas!
Ademáis, na biblioteca todos os nenos e nenas fixeron un mural e despois comimos chocolate con churros. Que ben o pasamos!
SEMANA DE EXPERIMENTOS
Durante esta semana os nenos e nenas de infantil convertémonos en pequenos científicos, realizando dous pequenos experimentos a través dos cales nos divertimos e desfrutamos.
1. “A auga que camiña”: unha experiencia que nos acercou a unha propiedade física dos líquidos (a capilaridade) e a descubrir como a partir de unhas cores básicas se crean as demais. Ademais de divertirnos, conseguimos crear un elemento que nos fascina: o arco da vella.
2. “SLIME”: experiencia sensorial e táctil a través da cal descubrimos como mesturando diferentes ingredientes, se producen cambios de textura. Gustounos moito manipular o slime e ver como pouco a pouco ía cambiando a súa textura.
Sobra dicir que a tod@s nos encantaron os experimentos.
Votacións para o Consello Escolar
De acordo coa Convocatoria do día 11 do mes en curso, o próximo día 18 de novembro, en horario de 15:30 a 17:00 horas, celébrase neste Centro a votación para a elección de representantes dos pais, nais ou titores/as legais do alumnado no Consello Escolar. Aquí podedes consultar as normas para participar na referida votación.
Mochilas viaxeiras deportivas
Enviado por admin o Mér, 13/11/2024 - 20:35Hoxe saíron as primeiras mochilas deportivas.
Cada aula dispón dunha mochila viaxeira con diferente material deportivo para que cada alumno/a desfrute en familia durante unha semana.
En Educación física, sorteamos as mochilas. Os primeiros afortunados e afortunadas foron:
- No 1º ciclo: Mireia
- No 2º ciclo: Martín
- No 3º ciclo: Asier
A proposta ten como finalidade o aumento da práctica de exercicio físico por parte do alumnado e as familias.
Esperamos que desfrutedes da mochila.
PD: No caderno deportivo viaxeiro esperamos as vosas opinións e suxestións de mellora para as próximas edicións.
Grazas familias pola vosa colaboración
Contacontos igualdade
Enviado por admin o Mér, 13/11/2024 - 20:19Os mércores de novembro son días de CONTACONTOS SOBRE IGUALDADE.
Durante a hora de lectura, todos os nenos e nenas reunímonos na biblioteca para escoitar unha historia sobre igualdade entre homes e mulleres.
O mércores pasado, Asier e Alonso, leron un dos contos do libro "El futuro es femenino" de Sara Cano. Hoxe foi o turno de Nerea e Andrea.
Teremos que esperar ó seguinte mércores para descubrir un novo relato.
RELACIÓN DE PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS
Picando aquí podedes comprobar a relación de candidaturas no sector de pais e nais de alumnos. Segundo o establecido no artigo 32.4 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, polo que se regulan os órganos do goberno dos centros públicos de ensino non universitario, contra o acordo de proclamación poderase reclamar no prazo dos dous días seguintes a este anuncio.
Semana terrorífica
Enviado por admin o Mar, 05/11/2024 - 18:44O longo da semana pasada, fixemos outras actividades relacionadas co Samaín.
A nosa biblioteca encheuse de cabazas terroríficas decoradas polo alumnado en colaboración coas familias. Recordade que o concurso segue aberto na aula virtual ata o día 8 de novembro!
Nas aulas o alumnado preparaou diferentes manualidades coas que decoramos o centro.
Cada aula, tamén decorou as súas propias cabazas.
Como non podía ser doutro xeito, non hai magosto sen castañas, polo que desfrutamos en familia da degustación deste producto típico do outono.
Nin Samaín sen disfraces terroríficos.
Xogos e actividades de Samaín e magosto
Enviado por marco o Mar, 05/11/2024 - 11:35O pasado mércores tivemos a oportunidade de realizar actividades e divertidos xogos no pavillón municipal, para celebrar o magosto e Samaín. En primeiro lugar, a Banda de gaitas "Os Tafornelos" das Somozas obsequiounos cunha actuación que fixo as delicias de todos e todas. Seguidamente, tiveron lugar os xogos. Foron 5 estacións nos que os xogos tiñan como fío condutor ás castañas. Pasamos un día xenial e moi divertido, no que incluso as familias participaron nos xogos. Aquí vos deixamos unhas fotos do día: