blogue deadmin

Libros de texto para o curso 2023-2024

Clicade no adxunto para poder ver os libros de texto para o curso 2023-2024.

                                                                 Libros texto 

 

Axudas para o material escolar do Concello de Redondela

Clicade nos adxuntos para obter máis información

 

                                                  axudas para o material escolar

Xornada de Polos Creativos Reto final

E xa temos aquí o reto final. Imos facer entre todos e todas unha estructura matemática piramidal co material coñecido como Streawbees. Seguide atenttxs ás instruccións, xa que tedes que traballar en equipo.

                                                                                         Strawbees

Xornada de Polos Creativos Robótica

Como vedes, nesta estación temos robótica: tedes aquí unha mostra dos robots que temos no centro e que fumos creando. Non fagades demasiado ruído, senón a balea protestará!!! Agora imos coñecer o robot true true. Dádelle de comer ao robot as tarxetas para poder chegar á meta. Seguide ás instruccións das compañeiras/os para poder facelo.

                                                                                true true

Xornada de Polos Creativos Audiovisuais

Imos traballar a vosa creatividade!! Deberedes escoller un produto e facer un pequeno anuncio co set chroma. Pode ser un pequeno slogan, como os que aparecen na imaxe. Veña... que o tempo apremia!!!

                                                                                                 Slogan

Xornada de Polos Creativos Impresora 3 D)

Sabedes o que fai unha impresora 3D??? Atentos/as á explicación, xa que ides ter que crear unha tarxeta co bolígrafo 3D. Serás capaz?? Ollo co pulso!!

                                                                             boligrafo 3D

 

Axudas para o comedor escolar do Concello de Redondela

                                        Axudas para o comedor escolar

 

Xa tedes na seguinte ligazón : http://redondela.gal/es/subvenciones  as bases para solicitar a axuda para o comedor escolar do curso que vén. Ollo ás datas xa que este ano adiantouse. O prazo para solicitalas é dende o 25 de maio ata o 23 de xuño ambos incluídos. Deixamos aquí as bases, o extracto e os anexos que podedes descargar.

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar

                                                          fondolibros

 

Xa está publicada na páxina web https://www.edu.xunta.gal/portal/node/39924 a Orde do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).

Recordade que o alumnado de 6º de infantil terá que presentala. Deixamos aquí as bases e o extracto da mesma. Pódese solicitar a través da sede electrónica ou entregalo presencialmente no centro. O prazo é dende o 20 de maio ata o 21 de xuño, ambos incluídos.

 

Programa municipal de Conciliación 2023. Convocatoria Verán

                                                                                                                           Coca simona

 

Dende o día 18 de maio ata o día 31 de maio (ámbos incluídos), está aberto o prazo de inscripción para o programa de Conciliación de Verán. Deixamos nos anexos tanto as bases coma a ficha de inscripción. Calquera dúbida podedes consultar na páxina web do Concello de Redondela ou nos servicios sociais.

BECAS NEAE MINISTERIO PARA O CURSO 2023-2024

                                       Becas NEAE

 

Xa podemos ver a convocatoria das Becas para o alumnado con NEAE convocadas polo Ministerio de educación. O prazo para a súa presentación seráa dende o 8 de maio ata o 20 de setembro ambos inclusive. Para máis información podedes pinchar no seguinte enlace:

https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/05/050140/ficha/050140-2023.html

 

 

Distribuir contido