Skip to Content

Pinceladas do noso cole

O colexio está situado nun entorno semirrural, preto do Parque Forestal do Vixiador e o zoo.

Pretendemos crear unha escola aberta, dinámica e plural, onde todo o profesorado do centro siga unha liña común e o Departamento de Orientación teña gran importancia.

Buscamos o crecemento integral do alumnado, enfatizando moito a educación emocional e favorecendo actitudes solidarias, cooperativas, ecolóxicas e de convivencia.

Participamos en diversos programas educativos, fora e dentro do colexio, na procura dunha educación de calidade, en prol da convivencia e igualdade de todo o alumnado.

Temos seccion bilingüe (plástica en inglés para 6º de primaria) e auxiliar de conversa en toda a primaria. Todo o alumnado do centro posúe moi bó nivel en todas as destrezas comunicativas.

A nosa biblioteca está incluida no PLAMBE da Consellería para mellora das bibliotecas escolares de Galicia e constitúe o eixe dinamizador do centro, posto que cada curso escolar traballamos un PDI (proxecto documental integrado) no que o equipo de biblioteca xoga un papel esencial.



page | by Dr. Radut