FONDO LIBROS
CONVOCATORIA DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O ALUMNADO DE PRIMARIA, ESO E EDUCACIÓN ESPECIAL PARA O CURSO ESCOLAR 2023/2024.
Códigos de procedemento ED330
NORMATIVA
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
- O prazo para presentar as solicitudes é dende o 20 de maio ao 21 de xuño de 2023 ambos inclusive.
FORMA DE PRESENTACIÓN
- Electrónica (Procedemento ED330B) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
- Presencial con asistencia da aplicación: cubrir os datos na aplicación (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros), imprimir os Anexos I e II e presentalos no centro
- Presencial: cubrir os Anexos I e II e presentalos no centro de luns a venres de 9:30 h a 13:00 h.
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR
- ANEXO I
- ANEXO II, comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar.
- Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables. Nos casos en que non teñan libro de familia ou este non reflicta a situación a 31 de decembro de 2021, poderán acreditar o número de membros utilizando os seguintes medios:
a) Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso, convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
b) Certificado ou volante de convivencia.
c) Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.
- Certificado do grao de discapacidade de calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.
- Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero.
- A incapacitación xudicial con patria potestade prorrogada ou rehabilitada acreditarase coa correspondente resolución xudicial.
- Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.
- Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou titor/a ou titores carezan de DNI e NIE.
Deberán achegar FOTOCOPIAS e os respectivos ORIXINAIS de toda a documentación para verificar a súa autenticidade.
DESTINATARIOS
- Fondo solidario de libros de texto (préstamo libros): só para alumnado que vaia a cursar 3º , 4º, 5º e 6º de primaria.
- Axudas para adquirir libros de texto: so para alumnado que vaia a cursar 1º e 2º de primaria.
- Axudas para adquirir material escolar: todo o alumnado que vaia a cursar primaria cando reúnan os requisitos establecidos na orde.
PUBLICACIÓN DE LISTAXES
- Listaxes provisionais: 27 de xuño
- Reclamación ás listaxes provisionais: 28 e 29 de xuño (2 días posteriores á publicación)
- Listaxes definitivas: 3 de xullo
ENTREGA DE VALES: entre o 4 e o 10 de xullo ou a partir do 1 de setembro
ENTREGA DE LIBROS: a partir do 1 de setembro
MANUAL USUARIO SOLICITANTES
ANEXO I-II castelán
ANEXO I-II galego