A iniciativa EDIXGAL pon a disposición do alumnado e profesorado dunha serie de elementos, que lles permiten desenvolver un ensino dixital: aulas dixitais, equipamento de alumnado e profesorado de uso persoal, un entorno virtual de aprendizaxe, variedade de contidos dixitais, programas de formación, ferramentas de intercomunicación e colaboración.
Nos centros educativos, o alumnado e o profesorado traballa nas aulas dixitais. Son aulas que dispoñen dun encerado dixital interactivo, dun proxector, dun equipo para o profesor, e dun equipo para cada alumno. Ademaís as aulas contan con conexión WIFI para que o alumnado e profesorado poda acceder aos contidos dixitais e seguir a actividade educativa na aula desde o seu equipo.
Enlace información: Equipamento do Alumnado Todo o alumnado participante dispón dun PC Portátil HP ProBook x360 11 G1 EE ou Lenovo ThinkPad Yoga 11e 5Th G (ambos modelos co mesmo sistema operativo, as mesmas aplicacións, e características e prestacións similares), que pode ser utilizado tanto en modo portátil como en modo tableta. |
Enlace información: Equipamento Aula Dixital Un portátil HP ProBook 450G4, Lenovo Thinkpad L540 ou o Acer Travelmate P259, unha pizarra dixital interactiva será o SMART Board (SB68V e SB680) ou MultiClass MCI780, un proxector Epson EB-440, EB-460, EB-480 ou NEC UM-280XG, ambos de distancia ultracorta, un armario para a carga dos equipos dotado dun programador e Rede Wifi. |
Enlace información: Soporte Premium O alumnado, familias e profesorado que sexan usuarios da educación dixital E-Dixgal teñen á súa disposición un Servizo Premium de Atención, Soporte e Acompañamento que atende as seguintes necesidades: Información sobre os distintos elementos do proxecto: consultas, dúbidas, .... Comunicación e resolución de averias e resolución de incidencias ou problemas técnicos sobre o entorno virtual de traballo e os contidos dixitais ofrecidos no dito entorno... |
Enlace información: Entorno Virtual de Aprendizaxe O enderezo para acceder ao EVA Online é: https://eva.edu.xunta.gal |
Adxunto | Tamaño |
---|---|
7Guía Abalar Familias.pdf | 1.74 MB |
Cobertura Servicio Integral Reparación.pdf | 3.47 MB |
folleto_edixgal_22_23.pdf | 1.04 MB |
navegacion_segura.pdf | 1.88 MB |
NOVAS pantallas interactivas.pdf | 698.66 KB |
15017041_CEIPAIgrexaCalo_PlanDixital_V1.0_10062022.pdf | 319.02 KB |
20240104_orde_uso_mobiles_asinada.pdf | 222.1 KB |