EDUCACIÓN INFANTIL - INFORMACIÓN XERAL DE INICIO DE CURSO

Estimadas familias de Educación Infantil, 

Deixamos aquí a presentación do tratado o pasado martes na reunión xeral de inicio de curso.

Moitas grazas pola vosa asistencia.

ESPAZO LECTURA

Temos novidades dende Espazo Lectura. Agardamos que sexan do voso interese!

Xa está todo preparado para comezar unha nova tempada de xuntanzas literarias que, agardamos, sexan do voso interese. Podedes consultar as actividades na web de Espazo Lectura e nas nosas redes sociais: Instagram, Facebook e X. 

 

Como novidade, esta tempada retomamos os mércores na Casa da Lectura, unha actividade de dinamización lectora dirixida a nenas e nenos de 3 a 10 anos, acompañados dun familiar ou adulto. Os mércores tamén continuaremos co servizo de empréstito de libros de 17:30h a 18:00h. A primeira sesión na Casa da Lectura será o 9 de outubro, agardámosvos!

 

Adxuntamos nesta mensaxe a nota coas actividades deste mes de outubro e despedímonos co desexo de atoparmonos nos diferentes clubs de lectura. 

 

Saúdos,

O equipo de Espazo Lectura

LER CONTA MOITO - CONTACONTOS NIGRÁN

FAI CLICK NA IMAXE PARA ACCEDER A ELA EN MELLOR CALIDADE.

ASAMBLEA ANPA

 

O próximo MÉRCORES 18 DE SETEMBRO (17:30h, comedor do centro) faremos a asamblea ordinaria de inicio de curso.

 

Nela falaremos das extraescolares, o prazo de inscrición e as novas actividades ofertadas. Tamén trataremos outras novas para este curso 2024-2025.

 

É moi importante a vosa asistencia, polo que todas as familias do CEIP Humberto Juanes quedades convidadas a asistir, tanto se sodes socios/as do ANPA coma se non.

 

 

MATERIAL CURSO 2024-2025

 

Nas seguintes imaxes poderedes consultar as listaxes de material para este curso 2024-2025.

 

SOLICITUDES AXUDA MATERIAL EDUCACIÓN INFANTIL

 

Dende o luns, 26 de agosto, ata o venres, 13 de septembro,

estará aberto o plazo para a solicitude de axudas para

a adquisición de material

na etapa de Educación Infantil

 

 

Novas do curso 2023 - 2024

 

 

 Estimadas familias que sodes usuarias/os do servizo de comedor:

Onte día 4 de xullo a última hora da mañánchegounos aocentro unha corrección de erros de comedores escolares concerninte ás parellas de feito.  Nas parellas de feitocomputarase as dúas rendas, igualmente cando convivan os dous proxenitores, divorciados ou separados con custodia compartida...

Colgaremos ao longo da mañán a nova instrución.

Aquelas familias que realizastes a tramitación en Secretaría antes do día catro de xullo e que vos consta que estades neste grupo afectado pola corrección, pregamosque pasedes polo centro. 

Lamentamos a situación, totalmente allea a nós.

Atentamente,

A DIRECCIÓN

 

O centro permanecerá pechado para o público

en xeral dende o 15 de xullo (inclusive).

Voltaremos o 26 de agosto en horario de 

9:30 a 14:00 horas

 

DENDE O EQUIPO DIRECTIVO, QUEREMOS INFORMAR,

QUE OS CURSOS DE 1º, 3º E 5º

DE EDUCACIÓN PRIMARIA DO PRÓXIMO

ANO ESCOLAR 2024/2025,

DARANSE A COÑECER O MESMO DÍA DE INICIO DAS CLASES,

O 11 DE SEPTEMBRO.

FELIZ VERÁN!!!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Algunhas fotos da visita de onte de Kevin Vázquez ao noso cole. Un pracer coñecerte!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

XA TEMOS DISPONIBLE O NOSO PUNTO LARANXA CONTRA O ACOSO ESCOLAR!

No punto físico so tedes que acercar as vosas mensaxes ou dende a páxina web do cole!

Rematamos o noso intercambio cos nosos queridos compañeiros e compañeiras de Manchester, e aquí vos deixamos un pequeno vídeo resumo desta gran experiencia.  

Fai click na imaxe

 

       

Dende o "Club Ciclista Vigués" propóñenvos unha actividade para estas vacacións de Semana Santa, un campus de ciclismo- btt

NON DUDEDES EN APUNTARVOS!!!!

 

 

O CB NIGRÁN “REGALA VIDA” CON FRANGIL.

O pasado venres David Gil, presidente da Asociación FRANGIL contra a Leucemia estivo cos alumnos e alumnas de 6º de primaria para falarlles da importancia da doazón de médula para salvar vidas. A continuación participou na presentación do torneo solidario BASKET SEN BARREIRAS organizado polo CB Nigrán. Dito torneo levarase a cabo os días 25 e 26 de marzo no Pavillón de Panxón co fin de recadar fondos para a Asociación FRANGIL. Durante os dous días de torneo haberá unha urna no pavillón para recoller as aportacións. Esa urna solidaria estará no noso cole este luns 18 en horario de mañá para que o alumnado que así o desexe poida depositar o seu donativo para a causa. TRAE O TEU DONATIVO E SALVA VIDA!.

 

 

 

   

           

                    Homenaxe do Clube Baloncesto Nigrán ás víctimas de violencia machista polo 25N

                                               

LIGAZÓN  Á ATLÁNTICO DIARIO

        

          

 

                            

 

 

   

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 



 calendario escolar de galicia 2022-2023

  

 

 

 

NORABOA !!  AO ACROCLUB NIGRÁN, QUE ENTRENA NO NOSO CENTRO, POLOS SEUS RESULTADOS NO CAMPIONATO DE ESPAÑA

DE XIMNASIA ACROBÁTICA CELEBRADO EN SEVILLA. ALGUNHAS DAS XIMNASTAS INTEGRANTES DO EQUIPO SON

ALUMNAS OU EX ALUMNAS DO CEIP PLURILINGÜE HUMBERTO JUANES

   

 Pareja femenina infantil base - Marta Rodríguez y Vera Fernández - 4º puesto

Trío femenino infantil base - Sara García, Carolina Santos e Inés Fernández - 13º puesto

 Trío Alevin Absoluto - Blanca García, Alexia Rajo y Daniela Campos - 3º puesto

Trío Femenino Cadete Absoluto - Aroa Lago, Tania Gallego y Blanca Santos - 10º puesto

Trío Femenino Cadete Absoluto - Lou-Maya Cayeux, Lorena Comesaña y Sofía Campos - 18º puesto

 

ACTIVIDADE DE PECHE DO TEMA DO CURSO ESCOLAR 2021 - 2022

BANDEIRA LGTBI COAS MANS COLOREADAS

 

NORABOA A ALUMNA SOLOMIA SIVOLAP E A SÚA PARELLA DE ACROBÁTICA  POLO  SEU  PREMIO DE

CAMPIONAS DA COPA DE GALICIA ESCOLAR

NORABOA TAMÉN AO RESTO DO EQUIPO  DO "ACROCLUB NIGRÁN"  POLO SEU ÉXITO NO CAMPIONATO

                                                             

                  SOLOMIA SIVOLAP      -      SOLA COA SÚA COMPAÑEIRA DE ACROBÁTICA

 

 

         

 

 

Distribuir contido