O Concello de Nigrán
NIGRÁN
O Concello de Nigrán sitúase nunha área xeográfica coñecida polo Val Miñor. Os seus límites son ó Norde o Concello de Vigo , ó Sul o Concello de Baiona , ó Leste o Concello de Gondomar e ó Oeste o Océano Atlántico.
|
O Concello de Nigrán conta cunha poboación aproximada de 15.200 habitantes .
A extensión do Concello é de 32 km². As parroquias que o configuran son : Camos,Chandebrito, Nigrán, Panxón, Parada, Priegue e a Ramallosa.
|
|
Vista, dende un monte de Nigrán, das illas Cíes cubertas de nubes. |
Arco visigótico. |
A costa e os bosques conforman a paisaxe de Nigrán que , o mesmo que sucedeu noutros concellos costeiros de Galicia , cambiou a sua paisaxe de especies autóctonas , caducifolias en xeral,carballos, castiñeiros , toxales,etc.. , por limoeiros, mimosas e algunhas de dudoso beneficio para o chan e a paisaxe dos nosos montes ( eucalipto, piñeiro) que ademáis son o mellor aliado dos incendios forestais.
|
|
|
Ponte Románica . Século XI. |
Praia América |
Pazo da Touza |
O sector de sevicios ( hostelería principalmente ) desenvolveuse en grande medida nos últimos anos debido á grande afluencia turística nos meses de xullo e agosto . O turismo, procedente de Madrid , Vigo , Ourense e Portugal , na sua meirande parte , busca no noso Concello a bondade do seu clima e a excelencia das suas praias ( Praia América, Panxón, Patos..) que, tanto pola sua lonxitude coma pola calidade da area das mesmas son coñecidas non somentes na Galiza senón en moitos lugares de España .
Tamén , coma consecuencia do pulo turístico dos últimos anos , desenrolouse, de xeito importante, o sector da construcción .
|
Templo votivo do mar. Panxón. (Antonio Palacios) |
Os habitantes do Concello de Nigrán repártense en núcleos diseminados (minifundio) e, en grande medida, viven dunha agricultura de subsistencia baseada no millo, as patacas ,o viño e algunhas cabezas de gando lanar e vacuno, sen esquence-los mariñeiros e os traballos, en xeral, relacionados coa pesca que, a pesares de non contar con infrastructuras axeitadas que colaboren ó seu desenvolvemento , non son unha fonte de ingresos despreciable para a economía de moitas familias do Concello.