RADIO ESCOLAR VILAMEÁN,

 

CURSO  2017 - 2018

 "RADIO VILAMEÁN" naceu no ano 2000 para achegar ao alumnado aos medios de comunicación que están tan presentes na nosa sociedade actual.

 

Nestes anos de vida "RADIO VILAMEÁN" converteuse nunha parte máis da escola, nun elemento de diversión ao mesmo tempo que de aprendizaxe integral, porque a elaboración de programas radiofónicos abrangue distintas áreas do currículo como as Linguas,  a Ed Artística, o Coñecemento do Medio, etc. Ademais desenvolve moitos aspectos básicos da personalidade dos alumnos-as, como o incremento da autoestima e a seguridade, mellorando a lectura e a pronunciación, e o desenvolvemento da expresión oral e escrita. A idade dos rapaces e rapazas non é un inconvinte para participar nos programas de RADIO VILAMEÁN, máis ben, o contacto dende pequenos axuda á desmitificación da mesma e incrementa a naturalidade.