TARZÁN EN INGLÉS
Os grupos de 4º, 5º e 6º de Primaria fomos de excursión a Vigo!
Gozamos de Tarzán, unha obra de teatro en lingua inglesa moi divertida, e ao saír camiñamos polas rúas da cidade, tiramos unha foto no Dinoseto, subimos as escaleiras mecánicas do Concello e xogamos ata cansar no novo parque da rúa Venezuela.
Encantounos, queremos volver!!