PVAD (Proxecto de vida activa e deportiva "GUILLAREI ACTIVO E SAUDABLE")
Promocións deportivas: Balonmán, Remo e Judo na escola.
Enviado por Anónimo o 1 Outubro, 2018 - 13:08
PROMOCIÓNS DEPORTIVAS NA NOSA ESCOLA
Durante o mes de setembro o alumnado de educación infantil e primaria do noso colexio participo nas promocións deportivas de balonmán, remo e judo.
As 3 modalidades convidan a probar os seus deportes de xeito gratuito, ademais o Club Atletismo Thermalia-Tui nos informa que o que queira coñecer o seu club pode pasar os martes e xoves polas instalacións deportivas da Macoca en Pazos de Reis.
Moitas grazas a estes clubs deportivos e os monitores (Josu e María de Balonmán, Sonia e Diego de Remo e David, Solla e Carmen de Judo) por darlle a oportunidade o noso alumnado de coñecer as vosas modalidades.
A continuación poden ver un exemplo do ben co pasaron nas seguintes imaxes.
Novo curso 2018/2019
Enviado por Anónimo o 1 Outubro, 2018 - 12:49Benvidos a tod@s a este novo curso 2018/2019.
Un ano máis o equipo de mestr@s do deporte escolar do Ceip Plurilíngüe de Guillarei ponse a traballar co Proxecto Deportivo de Centro "Guillarei Activo e Saudable".
Este ano o equipo o forman os seguintes mestr@s: Concepción Rodríguez (representa a Ed. Infantil), Mª del Pilar Durán (representa a 1º ciclo), Fernando Domínguez (coordina e representa a 2º ciclo) e Ana Mª Castillo (representa a 3º ciclo).
En breve iremos informando das novidades e actividades deportivas propostas.
Un saúdo e recorda fai deporte e come leva unha alimentación equilibrada.
Festival fin de curso 2017-18
Enviado por Anónimo o 27 Xuño, 2018 - 11:57
A continuación podedes un vídeo da primeira parte do festival de fin de curso 2018 que estivo relacionado coas actividades ximnásticas e circenses.
ATLETISMO EN PISTA NA MACOCA 2018
Carreira Popular en Porriño "Interrunning 2018"
Enviado por Anónimo o 15 Febreiro, 2018 - 21:00Animamos a todo o alumnado e familias a participar nesta proba deportiva o día 18 de marzo en Porriño. Hai carreiras para nen@s dende 3 anos ata adultos. Máis información en www.championchipnorte.com.
O alumnado que queira participar representando ao colexio debe avisar para levar a equipación deportiva.
Solicitude do "Selo de vida saudable" en centros educativos activos
Enviado por Anónimo o 15 Febreiro, 2018 - 20:30Por segundo ano consecutivo a nosa escola vai solicitar este distintivo nacional que premia aos centros educativos que estan traballando e intentando fomentar os hábitos saudables relacionados coa vida activa e alimentación saudable.
Clasificados para a Fase Final do Baixo Miño de Bádminton
Enviado por Anónimo o 15 Febreiro, 2018 - 00:14A nosa escola vai estar representada na fase final de Bádminton a celebrar o mércores 21 de febreiro en Tomiño no Pavillón da Carballa.
Os clasificados son:
Uxía (Benxamín Fem.- Cuarto curso)
Brian Glez. (Alevín Masc.- Sexto curso)
Yamile (Infantil Fem. -Sexto curso)
Saúl (Infantil Masc.- Sexto curso)
Moitos parabéns a tod@s.
Campionato Galego de Campo a Través 2018
Enviado por Anónimo o 14 Febreiro, 2018 - 22:52O próximo sábado 17 na praia de Cabío na Pobra do Caramiñal, Daniel Álvarez Dguez. alumno de sexto curso vai representar ao noso colexio xuntos aos mellores atletas galegos na categoría infantil.
Moita sorte para este campión do CEIP DE GUILLAREI. Forza Dani.
Patios activos "Xogando no recreo"
Os xoves tocan xogos populares, os birlos, o xogo do aro, a goma, hula hop, petanca, os zancos, as tabas, ...
DANIEL ÁLVAREZ DOMÍNGUEZ SUBCAMPIÓN E O EQUIPO ALEVÍN FEM. FANTÁSTICO 5º POSTO NO PROVINCIAL FEDERADO DE CAMPO A TRAVÉS
AQUÍ TEDES A EST@S SUPERATLETAS NOS MOMENTOS PREVIOS AS CARREIRAS.
DANIEL ÁLVAREZ RECOLLENDO A MEDAIA DE PRATA, ACOMPAÑADO POLO CAMPIÓN.
O EQUIPO DE CAMPO A TRAVÉS DO COLEXIO NO SUPLEMENTO "CAMPEONES" DO FARO DE VIGO
O mércores 31 de xaneiro do 2018, o Faro de Vigo no suplemento deportivo "Campeones", sacou un artigo relacionado co noso alumnado que participa en Campo a Través, destacando ao equipo Alevín Feminino, reciente campión Provincial en Portas e os premios individuais de Ainara Rguez, Laura Ramírez e Daniel Álvarez nas súas categorías.
PANEL INFORMATIVO DO PROXECTO
Neste panel se informa das diferentes actividades e probas deportivas relacionadas co PDC, así como dos diferentes programas que se levan adiante durante o curso.
1- DEPORTE ESCOLAR "XOGADE"
2- PATIOS ACTIVOS
A ANPA DONA UNHA VITRINA AO COLEXIO
Enviado por Anónimo o 30 Xaneiro, 2018 - 13:28Moitas grazas a ANPA por este agasallo.