Skip to Content

Blogues

Campionato Galego de Campo a Través 2018

O próximo sábado 17  na praia de Cabío na Pobra do Caramiñal, Daniel  Álvarez Dguez. alumno de sexto curso vai representar ao noso colexio xuntos aos mellores atletas galegos na categoría infantil.

Moita sorte para este campión do CEIP DE GUILLAREI. Forza Dani.

A ANPA DONA UNHA VITRINA AO COLEXIO

Moitas grazas a ANPA por este agasallo.

Saída 18/01/2018

Os alumnos e alumnas de 4º,5º e 6º cursos asistiron á representación teatral en lingua inglesa "Zapping" e ao rematar visitaron o Museo do Marco,todo en Vigo.Nas seguintes imaxes podemos apreciar algúns dos momentos vividos nesa estupenda xornada.Parabéns para todos.

 

Christmas 2017

Bats

Como actividade proposta polo E. de Biblioteca os alumnos e alumnas puideron facer o seu propio "bat" na Biblioteca e nas aulas de E.Infantil

Halloween 2017

Este curso 2017/2018 o "teacher" Pablo encargouse da Festa de Halloween con tódolos rapaces e rapazas e a auxiliar de conversa Brittany deixando o noso Centro así de estupendo.Parabéns e moitas grazas a todos pola vosa colaboración.

 

AYUDAS PARA ALUMNOS CON NECESIDAD ESPECÍFICA DE APOYO EDUCATIVO

RESOLUCIÓN DE 3 DE AGOSTO DE 2017, DE LA SECRETARÍA DE ESTADO DE EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL Y UNIVERSIDADES, POR LA QUE SE CONVOCAN AYUDAS PARA ALUMNOS CON NECESIDAD ESPECÍFICA DE APOYO EDUCATIVO PARA EL CURSO ACADÉMICO 2017-2018.

Se convocan, para el curso   2017-2018 las siguientes ayudas individualizadas: 

GAÑADORAS CONCURSO DE DEBUXO

Hoxe estivemos na EDAR de Guillarei para que as gañadoras do 2º Concurso de Debuxo do Consorcio de Augas do Louro recibisen os seus agasallos. No Concello de Tui, Laura Ramírez foi a gañadora, e Tatiana Muñoz foi finalista. Noraboa!

Iniciación o piragüismo no río Miño

Onte as clases de quinto e sexto de primaria desfrutaron toda a mañá dunha xornada de iniciación ao piragúismo no Miño. Sen dubida unha boa experiencia.

Agradecer ao Concello de Tui e a os monitores Jose Luis Bouza, Sito e Potri do clube de piragüismo de Tui pola súa paciencia e disposición, moitas grazas e sorte.

DANZA DE PAUS

Aínda que este curso escolar non festexamos Os Maios a nivel de centro, os rapaces de 4º curso de Primaria cantaron unhas coplas e representaron unha danza de paus tradicional no patio do colexio para celebrar a chegada da primavera.

Gossipy mice

Hoxe 23 de maio tivemos a representación da obra de teatro ,en inglés,"Gossipy mice" polos alumnos de 6º curso de Educación Primaria.Pódense ver algunhas fotos no blog da biblioteca.

Foi un traballo conxunto da Biblioteca do Centro e o Equipo de Linguas estranxeiras dentro do proxecto do Centro de plurilingüismo.

Noraboa aos alumnos de 6º curso polo voso esforzo e a vosa alegría.

Desexamos que fora do agrado de todos.

Arte en 4º

Estes son os traballos que fixo o alumnado de 4º sobre os seus artistas preferidos.

DIVERSIDADE/CONVIVENCIA

TERCEIRA XORNADA DE DINAMIZACIÓN ESCOLAR DEPORTIVA NO CEIP DE GUILLAREI

O pasado venres 24 de marzo o CEIP de PAZOS DE REIS visitou a nosa escola, para participar na terceira xornada de deporte escolar intercentros de XOGADE.

A xornada transcurríu con normalidade, onde tod@s desfrutamos da convivencia e da práctica deportiva xogando a balonmán, xadrez, bádminton, voleibol, baloncesto e fútbol sala.

Distribuir contido


by Dr. Radut