Skip to Content

Blogues

Mindfulness coa profe Pilar

mindfulness

Actividades de minfulness e relaxación no terceiro trimestre.

 

Festival de fin de curso: Elástico e Magnífico

Elástico e Magnífico

Canción do Magnífico o día do festival co alumnado de 1º, 2º e 3º de educación primaria.

Xogos de patio "mini volei"

mini volei

Os patios activos son unha boa alternativa para pasar o tempo de lecer de xeito divertido facendo actividade física.

Subcampións na Final Provincial en Pontevedra de Atletismo en Pista

 

Quecendo en equipo

A clase de quinto curso proclamouse subcampiona de atletismo en pista o pasado 13 de xuño no estadio da xuventude en Pontevedra, lugar no que competiu con outras 21 escolas.

Sen dúbida ten moito mérito o acadado por este grupo, que derrochou alegría, esforzo e traballo en equipo animándose.

Destacar os segundos postos alcanzados nas 3 carreiras de relevos 4 x 60 metros.

Moito parabéns a tod@s.

uns cantos atletas xuntos

 

Equilibrio, esquema corporal e ritmo

home zancudo

O pasado mes de xuño recibimos a visita de Diego, irmá de Tais, o cal sorprendeunos coas súas habilidades cos zancos a un metro e dez centímetros de altura do chán.

Contounos moitas cousas interesantes como por exemplo que un "zancudo" non pode estar parado, sempre ten que moverse para non caer, que consegue aguantar case 3 horas con eles postos, que participa en comparsas e festivais animando, e moitas outras cousas moi divertidas.

Ademais aproveitamos esta visita para repasar contidos de xeografía e relacionala con algúnha tradición típica desa zona.

Descubrimos que en Cataluña, fanse torres humanas, chamadas "Castells", que na zona de Bemposta en Ourense hai un circo chamado o "circo dos muchachos" onde moitos nenos  e nenas iniciánse nas acrobacias e nos equilibrios, e que en moitas localidades na zona de Navarra e Aragón tamén fan torres humanas.

 

Traballamos a orientación dun xeito divertido no patio

orientación no cole

Os puntos cardinais, a rosa dos ventos ou interpretar un mapa e orientarnos deste xeito é máis doado e divertido.

DAFIS

Entre os meses de febreiro e marzo do 2018 o alumnado de educación primaria estivo pasando diversas probas físicas relacionadas co programa de condición física como por exempo:

1- Control de talla e peso.

2- Medición de perímetros de cadera e cintura.

3- Course Navette, valoración de capacidade de resistencia.

4- Test de flexibilidade "Sit and reach".

5- Proba de axilidade e velociadade coas esponxas.

6- Dinamómetro manual.

7- Forza de tren superior na barra horizontal.

8- Proba de forza explosiva de tren inferior na proba de salto horizontal.

Festival fin de curso 2017-18

Baile final 

Sesións da maquillaxe previas ao festival

A continuación podedes un vídeo da primeira parte do festival de fin de curso 2018 que estivo relacionado coas actividades ximnásticas e circenses.

 

aquí

Elástico e Magnífico

 

Aloiada 2018

Nesta edición da Aloiada participamos 8 centros de Tui con máis de 200 nenos e nenas. Disfrutamos de diversos obradoiros e actividades deportivas, o que  lles serviu tamén para convivir e coñecer aos futuros compañeiros cos que en pouco tempo se atoparán na Educación Secundaria.

 

Deixámosvos cunha morea de fotos e vídeos desta experiencia.

Para acceder premede na imaxe de abaixo.

 

Aloiada 2018

 

Un saúdo e bo verán!

LIBROS DE TEXTO CURSO ESCOLAR 2018/2019

LIBROS DE TEXTO CURSO 2018-2019

1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

 Mate +, Matemáticas para pensar. Editorial Santillana.

ISBN: 978-84-680-3274-0

Lengua +, Tareas y destrezas comunicativas. Editorial Santillana

ISBN: 978-84-680-4001-1

Música: Melodía ISBN 978-84-9737-222-0

Plástica: Arts & Crafts-1-Dayton-S.M. ISBN:978-84-675-4768-9

Lingua Inglesa:

- Tiger 1- MacMillan

-Pupil´s book- 978-1-380-01808-3

2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Lengua +, Tareas y destrezas comunicativas. Editorial Santillana

ISBN:978-84-680-4002-8

Mate +, Matemáticas para pensar.Editorial Santillana

ISBN: 978-84-680-2545-2

Relixión: Non hai libro

Música: Melodía ISBN 978-84-9737-238-1

Plástica: pendente para setembro

Lingua Inglesa:

- Tiger 2- MacMillan (inglés)

-Pupil´s book- 978-1-380-01809-0

-Activity book- 978-0-230-47630-1

-Libro recomendado para verán(para repasar o estudiado en 1º):”Holiday Books-Max and Sophie´s Big Adventure”-1º-Macmillan-ISBN: 978-84-16483-52-5

3º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Lingua Castelá: Saber Hacer Santillana ISBN 978-84-680-1196-7

Lingua Galega: Saber Facer Santillana ISBN 978-84-9972-249-8

Matemáticas: Saber Hacer Santillana ISBN 978-84-680-1286-5

Ciencias Naturais: Saber Facer Santillana ISBN 978-84-9972-459-1

Ciencias Sociais: Saber Facer Santillana ISBN 978-84-9972-474-4

Música: Melodía ISBN 978-84-9737-223-7

Plástica: pendente para setembro

Lingua Inglesa:

-Dicionario bilingüe Inglés/español-español/inglés-(é para ter na casa,se xa hai algún ,non mercar outro).

-Well Done-3 Activity book- ISBN:978-84-9837-292-2

-”Thumbelina- ARENGO,Sue-Oxford-ISBN: 978-0-19-423918-9

-Libro recomendado para o verán (repaso do estudiado en 2º): “Holiday Books-2 Looking for Lulu-Macmillan-978-84-16483-53-2

4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Lingua Castelá: Saber Hacer Santillana ISBN 978-84-680-2956-6

Lingua Galega: Saber Facer Santillana ISBN 978-84-9972-616-8

Matemáticas: Saber Hacer Santillana ISBN 978-84-830-5609-7

Ciencias Naturais: Saber Facer Santillana ISBN 978-84-9972-600-7

Ciencias Sociais: Saber Facer Santillana ISBN 978-84-9972-714-1

Música: Melodía ISBN 978-84-9737-239-8

Plástica: pendente para setembro

Lingua Inglesa:

-Well Done-4- Activity book ISBN.978-84-983-7299-1

-”Mystery Island-Davies,Julie-Richmond-ISBN: 978-84-668-1046-3

-Libro recomendado para repasar en verano lo estudiado en 3º: “Holiday Books 3º Matu,Lucia and the magic maps-Macmillan-ISBN. 978-84-16483-54-9

5º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

 Cadernos de matemáticas:

  • Números y operaciones 13 (Santillana ISBN 978-84-680-1302-2)

  • Problemas 13 (Santillana ISBN 978-84-680-1310-7)

  • Números y operaciones 12 (Santillana ISBN 978-84-680-1301-5)

  • Problemas 12 (Santillana ISBN 978-84-680-1309-1)

Música: Melodía ISBN 978-84-9737-224-4

Plástica: pendente para setembro

Lingua Inglesa:

-Stay Cool-5-Activity Book-Oxford.ISBN:978-0-19-441241-4

-Adventure in the Alps-FRANCIS,Pauline-Richmond-ISBN: 978-84-668-1006-7-Robin Readers

-New York-Adventure in the Big Apple- SHIPTON,Paul-Level 5-Macmillan Childrenś Readers-ISBN: 978-0-230-40502-8

Libro recomendado para repasar en verano lo estudiado en 4º: “Holiday Books-4 Professor Wish and the time travellers -Primary-Macmillan- ISBN: 978-84-16483-55-6

6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

 Cadernos de matemáticas:

  • Números y operaciones 14 (Santillana ISBN 978-84-680-1302-2)

  • Problemas 14 (Santillana ISBN 978-84-680-1311-4)

  • Números y operaciones 15 (Santillana ISBN 978-84-680-130..)

  • Problemas 15 (Santillana ISBN 978-84-680-1312-1)

Música: Melodía ISBN 978-84-9737-240-4

Plástica: pendente para setembro

Lingua Inglesa:

- Stay Cool-6-Activity Book-Oxford-ISBN: 978-0-19-441242-1

--The Rainforest-HARRISON,James-Macmillan Science Readers-ISBN: 978-0-230-43066-2

-Libro recomendado para repasar en verano lo estudiado en 5º: Holiday Books-5- Jaguar Jungle -Primary- Macmillan-ISBN: 978-84-16483-56-3

-Défis 1 Méthode de français (Cathier d´exercices) ISBN: 978-84-9049-274-1

 1º E.S.O.

Libro recomendado para verano-para repasar lo estudiado en 6º : Holiday Books-6º- The mystery of Sánchez Manor -Primaria-Macmillan-ISBN; 978-84-16483-57-0

FESTIVAL DE FIN DE CURSO "UNIVERSO GUILLAREI"

FESTIVAL DE FIN DE CURSO "UNIVERSO GUILLAREI"

O próximo xoves 21 de xuño, a partir das 11 horas imos organizar o festival de fin de curso 2017/2018. Como novidade este ano vai ter duas partes, que son as seguintes:

1ª) No pavillón do colexio: A partir das 11 horas.

Orde de actuacións

1-ELÁSTICO (Baile no que participa o alumnado de 1º, 2º e 3º curso de Ed. Primaria)

2- MAGNÍFICO (Canción na que participan os mesmos cursos anteriores)

3- EXPLOSIÓN GALÁCTICA (Espectáculo de baile, circo e acroximnaxia organizado polo alumnado de 6º curso de Ed. Primaria)

4- ESTRELAS FUGACES (Espectáculo de actividades circenses, danza, ximnaxia e acrosport, organizado polo alumnado de 5º curso de Ed. Primaria)

2ª) Na bibilioteca: A partir das 12 horas.

Orde de actuacións

1- OBRA DE TEATRO: El Árbol Testigo  (Organizado polo alumnado de 4º curso de Ed. Primaria)

2- Oito planetas (2º curso de Ed. Primaria)

3- Un lugar chamado mundo (1º curso de Ed. Primaria)

4- Estreliña de luceiro (3º  curso de Ed. Primaria)

5- O caneco (grupiño de 2º curso de Ed. Primaria)

6- El sentido de la vida (4º curso de Ed. Primaria)

7- Your song (5º curso de Ed. Primaria)

8- Lúa (infantil)

9- Star wars (6º curso de Ed. Primaria)

 

VEN E ÁNIMA E DISFRUTA COS TEUS FILL@S DESTE FESTIVAL PARA DESPEDIR O CURSO DUN XEITO ARTÍSTICO E DIVERTIDO

Aloiada 2018

O próximo xoves 14 e venres 15 de xuño o alumnado de sexto curso e varios mestr@s do cole van participar na Aloiada 2018  con outros 7 colexios de Tui.

Van ser duas xornadas de convivencia e actividades no medio natural do parque natural do monte Aloia, Galiñeiro e río Miño.

Final provincial de Atletismo en Pista en Pontevedra

Mañá mércores 13 de xuño a nosa escola vai representar a Tui na final provincial de atletismo en pista no Estadio da Xuventude na cidade de Pontevedra.

 

Imos participar con 15 alumn@s da escola, que formaran 3 equipos e competirán en varias modalidades atléticas como:

- 60 metros lisos

- salto de lonxitude

- lanzamento de peso (2kg)

- carreira de resistencia (500 m)

- lanzamento de vortex

- relevos 4 x 60 m 

Moita sorte e a disfrutar facendo deporte en equipo

Solidaridade coas familias afectadas de Paramos

Alumnado e mestr@s da nosa escola van estar no mercadillo de Tui o próximo xoves 14 de xuño. Van montar un posto no cal van intentar vender varias materiais elaborados por eles co obxectivo de axudar as familias afectadas pola explosión de Paramos. Hoxe por vós mañán por nós.

Descenso do Miño

O pasado 8 de Xuño, os alumnos de 5º e 6º de Primaria realizaron o primeiro descenso do Miño en Kayak. A actividade foi proposta polo Clube Kayak Tudense aos cales agradecemos esta oportunidade. 

Agardamos o pasedes tan ben vendo as fotos coma nos disfrutando do río :)

Click na imaxe para ver o álbum de fotos.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut