Dirección: Rúa Francisco Rodríguez, 6, 15679, O Temple- Cambre (A Coruña)- CP:15679
Código centro: 15032426 - Teléfono: 881880330 - E-mail: ceip.graxal@edu.xunta.gal
Dirección: Rúa Francisco Rodríguez, 6, 15679, O Temple- Cambre (A Coruña)- CP:15679
Código centro: 15032426 - Teléfono: 881880330 - E-mail: ceip.graxal@edu.xunta.gal
Imaxes Designed by Freepik
Iconos diseñados por Freepik from www.flaticon.es
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
Queremos lanzar aquí unha serie de retos para que calquera alumno/a do colexio o poida realizar na súa casa. A idea é que nos enviedes unha foto ou vídeo realizando o reto para nós preparar posteriormente unha montaxe que será subida a esta mesma páxina. Como toda actividade ou proposta resaltaremos que ten carácter voluntario. Quen queira facelo faino, quen queira envialo o envía, quen queira practicar o reto na casa pero non envialo pois tamén está no seu dereito. É dicir, vós decidides que facer co reto. O único que vos pedimos para facilitarnos o traballo é que o vídeo que nos enviedes non exceda dos 30 segundos, xa que se son moi longos teremos que editar ese vídeo e recortar a súa duración.
Todos os mércores intentaremos subir un reto e disporedes dunha semana para poder realizalo e envialo. A dirección de correo xa a saberedes pero aquí vai o recordatorio: efnacasa@gmail.com
MONTAXE DO RETO FINAL. Chegou o momento de poñer punto e final aos retos. A verdade é que toda esta viaxe que fixemos xuntos desde mediados do mes de abril veu cargada de momentos difíciles, de moita incertidume, de horas e horas de traballo, de cambios na metodoloxía e na forma de dar as clases de Educación Física... Un sinfín de novidades que fixeron que entre todos/as aprenderamos novas formas de comunicarnos, de pasar momentos agradables e divertidos, de descubrir que, a pesar de todo, sempre hai luz ao final do túnel... En definitiva: con esforzo, tenacidade, ambición, implicación, superación... soubestes adaptarvos perfectamente a esta nova forma de impartir a Educación Física. Por iso os mestres (Celia e Diego) queremos darvos as grazas e felicitarvos por todo este acompañamento que fixemos xuntos ata este momento e desexamos que para setembro poidamos voltar á normalidade e desfrutar con novos xogos e deportes pero a poder ser no pavillón ou no patio do colexio. Como di a canción final desta montaxe: "Adelante por los sueños que aún nos quedan, adelante por aquellos que están por venir". Sigamos aprendendo e soñando xuntos. FELIZ VERÁN!!
RETO FINAL (do 3 ao 9 de xuño). Aquí vai o último reto do curso académico 2019-20. Poderedes escoller o reto que queirades de entre todas estas propostas que enviaron os vosos compañeiros Antón Varela (3ºA), familia Graña Thimoteo (3ºB e Inf. 4ºB) e Antía García (6ºA). ÁNIMO! Que o curso xa case está rematado.
MONTAXE DO RETO 7. Un vídeo moi divertido que a bo seguro vos provocará máis dunha risa. Non sabemos se algún ou algunha bebería algo de viño, porque o de ir en liña recta... nalgún caso non foi posible. Je, je!
RETO 7: XIRA QUE TE XIRA (GABRIEL BESTILLEIRO) (3ºA) (do 27 de maio ao 2 de xuño). Esta semana houbo varias propostas, pero finalmente decantámonos por esta. Reto divertidísimo o de hoxe, pero ollo! Retirade todos os obxectos que teñades preto. É aconsellable realizar este reto sobre un corredor ou espazo amplo libre de obstáculos. A liña recta no chan poderedes marcala como queirades: cun trozo de la, con cinta pegada, con tiras de papel... Gabriel rétavos a ver quen é capaz de camiñar en liña recta tras dar previamente 5 xiros ao redor do voso corpo. ÁNIMO!!
MONTAXE DO RETO 6. Moito ánimo rapaces/rapazas que xa queda menos para que cheguen esas ansiadas e desexadas vacacións. Estamos no sprint final.
RETO 6: DOMINIO DO BALÓN (do 20 ao 25 de maio). Ante a falta de propostas o profe Diego tivo que retar de novo. Quen se anima a retar aos demais para a vindeira semana? Animádevos que xa queda menos para que rematemos o curso. Por outra banda, agradecer os vídeos que xa estamos a recibir sobre o proxecto do circo. Son espectaculares.
MONTAXE DO RETO 5. Coma sempre dar as grazas a todos/as os/as participantes.
RETO 5: EQUILIBRIOS SOBRE A CABEZA (SOFÍA 3ºA) (do 13 ao 18 de maio). Reto futbolero o desta semana. Teredes que manter un obxecto redondo ou ovalado sobre a cabeza mentres camiñades uns pasiños. A ver quen é o novo Iniesta ou a nova Vero Boquete do CEIP Plurilingüe Graxal. Esperamos con moita ilusión os vosos vídeos. Ánimo!!
MONTAXE DO RETO 4. Que alegría poder ver a novos participantes! NORABOA a tod@s.
RETO 4: QUE NON CAIA O PAPEL HIXIÉNICO (MATEO 5ºA) (do 6 ao 11 de maio). Reto con certa complexidade pero moi divertido. Esixe moita coordinación e rapidez no movemento dos brazos. Para os máis pequeniños, podedes enviar o reto deixando caer o rolo de papel hixiénico por diante do voso corpo. Seravos máis sinxelo. O máis importante é que o practiquedes e se non sae non pasa nada. Como se colledes soamente o rolo unha vez. Enviade igualmente o vídeo. O lema dos retos é: "Máis vale reto non superado que reto non intentado". Así que ánimo. Agardamos os vosos vídeos.
MONTAXE DO RETO 3: Unha vez máis moitas grazas aos participantes, xa que sen vós todo isto non tería sentido. E animamos novamente ao resto dos alumnos/as a participar nos vindeiros retos. Que non decaia o ánimo!
RETO 3: ENCESTAR 3 VECES NA CANASTRA (ANTÓN 3ºA) (do 29 de abril ao 4 de maio)
MONTAXE DO RETO 2: moitas grazas novamente a todo o alumnado pola vosa participación e implicación.
RETO 2: RETO CON PAPEL HIXIÉNICO (AINHOA 5ºB) (do 22 ao 27 de abril). Precisades dun cubo, tina ou outro recipiente para introducir cos pés 5 rollos de papel hixiénico mediante a flexión do torso cara atrás. Esperamos os vosos vídeos ou fotos deste reto. E se queredes ter a posibilidade de ser seleccionados para o reto do vindeiro mércores, envíanos o teu vídeo explicando o reto a realizar xa que agora queremos que sexas ti o protagonista e poidas retar aos demais. Lembrade que non podedes pasar de 30 segundos e a poder ser que poida ser practicado por calquera alumno/a do colexio, independentemente da súa idade.
MONTAXE DO RETO 1: Agradecer a gran acollida que tivo esta iniciativa xa que fostes moitos alumnos/as os que enviastes fotos ou vídeos.
RETO 1: HABILIDADES CO IOGURCESTO (do 15 ao 21 de abril). Pincha aquí para recordar como se constrúe o iogurcesto.