Dirección: Rúa Francisco Rodríguez, 6, 15679, O Temple- Cambre (A Coruña)- CP:15679
Código centro: 15032426 - Teléfono: 881880330 - E-mail: ceip.graxal@edu.xunta.gal
Dirección: Rúa Francisco Rodríguez, 6, 15679, O Temple- Cambre (A Coruña)- CP:15679
Código centro: 15032426 - Teléfono: 881880330 - E-mail: ceip.graxal@edu.xunta.gal
Imaxes Designed by Freepik
Iconos diseñados por Freepik from www.flaticon.es
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
Partamos aquí da base de que ningunha destas actividades, propostas ou exercicios teñen carácter obrigatorio. Todas serán por tanto voluntarias. Trátase tan só de facilitar un pouco a búsqueda de recursos relacionados coa Educación Física e crear unha recompilación dos mesmos.
Adxuntámosvos aquí unha remesa de vídeos e titoriais con diferentes exercicios físicos e tarefas que adaptándoas ás vosas posibilidades de material e espazo poderedes realizar nas vosas casas. Esta lista irémola actualizando a medida que vaiamos atopando por internet recursos interesantes para compartir con vós.
Lembrade que antes de iniciar a práctica destes exercicios é conveniente que fagades un quecemento: movilidade articular dos nocellos, xeonllos, cadeira, ombros, brazos, pulsos e pescozo con seus diferentes movementos (círculos, abro-pecho, arriba-abaixo...).
- NOVO Como no blog de Educación Física temos unha sección de deportes olímpicos, aquí vai unha recompilación moi animada e divertida de vídeos sobre un oso chamado Berni, que practica diferentes deportes. Algúns capítulos están xeniais e a bo seguro traerán consigo unhas boas risas. https://www.youtube.com/playlist?list=PL02E799DBCEC3835B
- NOVO Exercicios para traballar a movilidade articular e fortalecer diferentes grupos musculares simulando os movementos de Spiderman. https://www.youtube.com/watch?v=YC_V8hnU2PY&feature=youtu.be e tamén de Batman https://www.youtube.com/watch?v=MU7StZxAwJ0&feature=youtu.be
- Tres video titoriais onde traballaremos a velocidade de reacción, a forza-resistencia e a relaxación a través do ioga. http://www.edu.xunta.gal/portal/moveteconnosconacasa
- Xogo interactivo para traballar a expresión corporal. Pasaredes un momento moi divertido en familia. Recurso creado por Sito Pazos, mestre de Educación Física. https://view.genial.ly/5e9383f9f4ee500d9fe5f237/game-juman-ef
- Video titorial no que atoparemos exercicios para traballar as habilidades motrices básicas (saltos, desprazamentos, coordinación...) nun espazo reducido como pode ser o salón de casa. Hai varios exercicios fáciles e sinxelos que mellorarán a psicomotricidade dos nenos e nenas. https://www.youtube.com/watch?v=Gn7k_xNXYBc
- Outra opción que temos para traballar a psicomotricidade na casa é marcar con cinta (de carrocero ou aislante) no chan diferentes circuítos ou marcas para xogar coas chapas, realizar unha especie de Mariola na que traballen os saltos e a puntería ou ben un circuíto de equilibrio, arrastres cunha manta... No seguinte vídeo podedes ver a idea: https://www.youtube.com/watch?v=RoaYVddZUCs
- Video titorial para traballar as posturas de Ioga: https://www.youtube.com/watch?v=nNbRQX8yJWs
- Video titorial para traballar o entrenamento funcional. Son case 5 minutos con varios exercicios traballando co propio corpo. Podemos realizalo de forma secuencial facendo todos os exercicios 4 veces ou facer 2 veces todo o vídeo. https://www.youtube.com/watch?v=TStEzVUqtUU&feature=youtu.be
- Video titoral para traballar coreografías, pasos de hip-hop. https://www.youtube.com/watch?v=eCsoOVnfSLQ
- Video titorial para os niveis iniciais de Primaria como para a etapa de Infantil. Consiste en construír unha "tea de araña". Nesta proposta imos traballar a coordinación dinámica xeral, o control do corpo e o equilibrio. https://www.youtube.com/watch?v=zyF8IBVe7uA
- Exercicios de movilidade articular. E de paso practicamos inglés. Varios enlaces:
https://www.youtube.com/watch?v=kYsA9-Qbtyk
https://www.youtube.com/watch?v=6u9dtrZ_cxs