O venres 29 de maio o alumnado do cole fixo unha excursión. O alumnado de infantil visitou Marcelle onde puideron ver un montón de animais e aprender sobre as súas vidas, costumes etc. Pola súa parte o alumnado de primaria visitou a área recreativa de Muiño de Pedroso onde realizaron varios obradoiros (tiro con arco, prehistoria, pegadas, festa holi, marmelada...). Todos pasárono fenomenal. Podedes ver a galería fotográfica na seguinte presentación. Excursión 2023 de gonzalo torrente ballester |
|||
O pasasdo 16 de maio celebramos nos arredores da Igrexa de Santa María de Cambre a II Romaría Pop do Gonzalo Torente Ballester. A rapazada pasouno fenomenal realizando distintos obradoiros, así como uns xogos populares e unhas actuacións musicais. Podedes ver a galería fotográfica e as actuacións musicais na seguinte publicación. Agardamos que vos guste. |
|||
Adxuntamos a programación de actividades extraescolares para o ano que ven. O prazo para apuntarse e do 1 o 30 de xuño. Presentación Proyecto Empresa Juguetes Actividades Infantil Azul Colorido de gonzalo torrente ballester |
|||
O prazo de presentación de solicitude para os servizos de comedor e transporte para o curso 2023-24 será antes do 31 de maio. Para descargar a solicitude. premede na imaxe. |
|||
|
|||
NOTA INFORMATIVA Todo o alumnado que solicitou praza en prazo para o curso 2023-24 foi admitido, queda pendente de formalización de matrícula no mes de xuño. Aquelas solicitudes entregadas fora de prazo, terán que esperar ao que dictamine a Comisión de Escolarización.
|
|||
Co motivo de que o 2 de abril foi o Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo, no cole a semana do 17 ao 21 de abril celebramos a semana do autismo co fin de sensibilizar ao noso alumnado e para que coñezan máis sobre as persoas con trastorno do espectro autista (TEA). Desde o equipo do Departamento de Orientación fixéronse unha charlas de concienciación co alumnado e o venres 21 celebramos un acto nas pistas deportivas do centro no que se fixo un gran infinito e cantamos unha canción. Podedes ver o resultado deste magnífico traballo na seguinte presentación. Semana do Autismo2 de Romu Rodriguez |
|||
Aquí tedes os audios das cancións de "Os soños na gaiola" para o concerto das Letras Galegas con Sementeira. Podedes escoitalos premendo nos diferentes títulos. |
|||
NOTA INFORMATIVA Lembrámosvos que o próximo venres 28 de abril de 2023 considerarase día NON LECTIVO ao amparo do disposto no artigo 7.2 da Orde do 20 de maio de 2022 (DOG Núm. 105 o 20 de xuño).
|
|||
No centro estamos convencidos da importancia de educar ao noso alumnado nunha sexualidade saudable, polo que organizamos uns obradoiros con tal fin. O pasado luns tivo lugar unha charla na que a xinecóloga e sexóloga Carol Strate exploicou ás familias asistentes os contidos dos diferentes talleres que terán lugar no centro. Foi unha charla moi produtiva na que deixou unhas recomendacións para as familias. Na seguinte presentación podedes acceder a ditas recomendacións así como ao currículum de Carol (premede na súa imaxe para acceder). Educación sexual integral de Romu Rodriguez |
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- seguinte ›
- última »