Skip to Content

Localización, Dependencias, Novas Secretaría (documentación,....), Horarios, Servizos, Actividades extraescolares, Comedor, Taller matinal, Centro, Atención ao público, Xefatura de estudos, Secretaría, Dirección

AXUDAS MUNICIPAIS PARA COMEDOR, LIBROS E MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2017/18

Convócanse as Axudas municipais para o vindeiro curso escolar 2017/2018 destinadas a:

 

  • Comedor (destinado ás etapas de educación infantil (2º ciclo), educación primaria e educación secundaria obrigatoria).
  • Libros e material escolar (destinado á etapa de educación infantil (2º ciclo)).

 

Na Secretaría do centro pódese recoller tanto o tríptico informativo como a solicitude da axuda en horario de 9:00 a 14:00 horas.

O prazo de presentación será dende o 19 de maio ata o 15 de xuño e entregarase xunto coa documentación solicitada no rexistro xeral do Concello de Vigo ou porcalquera dos medios previstos no art. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Para entregar no Concello pódese pedir cita previa nos seguintes teléfonos:

 

  • 010
  • 986 810 260

 

Tamén pódese presentar a solicitude a través da web www.vigo.org

Nota: na Secretaría do centro expedirase o certificado de matriculación que é necesario presentar xunto coa solicitude.

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS/AS E NON ADMITIDOS/AS. CURSO 2017/2018

No seguinte documento adxunto pódese ver a listaxe definitiva dos admitidos/as e non admitidos/as no noso centro para o vindeiro curso 2017/2018 desagregadas por cursos.

Lémbrase que dende o día 20 ata o 30 de xuño (ambos inclusive), deberase formalizar a matrícula. En caso de non formalizarse nas datas especificadas terase por decaído ao dereito de praza no centro. No documento adxunto detállase a documentación a presentar no período de matriculación.

Un saúdo.

 

Vigo, 12 de maio de 2017.

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS/AS E NON ADMITIDOS/AS. CURSO 2017/2018

No seguinte documento adxunto pódese ver a listaxe provisional dos admitidos/as e non admitidos/as no noso centro para o vindeiro curso 2017/2018 desagregadas por cursos.

Lémbrase que dende mañá, 25 de abril, ata o mércores, 3 de maio (ambos inclusive), pódense presentar reclamacións ás listas.

Un saúdo.

 

Vigo, 24 de abril de 2017.

PUBLICACIÓN LISTADO SOLICITUDES DE ADMISIÓN (CURSO 2017/2018)

No seguinte enlace pódese ver a listaxe de todas as solicitudes de admisión presentadas no noso centro para o vindeiro curso 2017/2018 desagregadas por cursos.

No outro documento adxunto poden ver máis información sobre a documentación a presentar para baremar. Lembramos que o prazo para presentar dita documentación remata o vindeiro xoves, 6 de abril.

 

Vigo, 30 de marzo de 2017.

 

 

ADMISIÓN CURSO 2017-2018

 

 

INSTRUCIÓNS SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA

O CURSO ACADÉMICO 2017/18

 

POSTOS ESCOLARES OFERTADOS. 

4º EI

5º EI

6º EI

1º EP

2º EP

3º  EP

4º EP

5º EP

6º EP

44 + 6 NEAE

0

1

0

0

0

0

0

0

 

MODO PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Pódese facer a través dun dos seguintes: 

- Aplicación <admisionalumnado>  

(https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado).

 - No centro de primeira opción. Cubrindo o impreso que está a súa disposición na citada aplicación ou na secretaría do centro.

EN CALQUERA DOS DOUS CASOS, É OBRIGATORIO ENTREGAR UNHA COPIA DA SOLICITUDE NO CENTRO DE PRIMEIRA OPCIÓN.

 

CALENDARIO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN E MATRÍCULA. 

Presentación da solicitude de admisión

1 ao 20 de marzo

Presentación listaxe provisional

23 marzo

No caso de haber máis solicitudes que prazas:

Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo

 

do 25 de marzo ao 7 de abril

Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas

antes do 25 de abril

Reclamacións ás listaxes (5 días hábiles despois da publicación destas)

do 26 de abril ao 5 de maio

Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas

antes do 15 de maio

Formalización da matrícula en educación infantil e primaria

do 20 ao 30 de xuño

O alumnado e as familias poderán consultar o estado de tramitación das súas solicitudes:

-A través da aplicación <admisionalumnado> (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado), utilizando o código de solicitude e o número de DNI da persoa solicitante.

 

CRITERIO COMPLEMENTARIO DO BAREMO FIXADO POLO CONSELLO ESCOLAR.

      O criterio complementario é solicitar en primeiro lugar un centro de ensino público. A valoración deste criterio será dun punto.

HORARIO DA SECRETARÍA.

     O horario da secretaría para a entrega de solicitudes e documentación é de 9:00h a 14:00 h, de luns a venres.

 SERVICIOS COMPLEMENTARIOS:

                O centro dispón de servizo de comedor e Aula Matinal que, xunto coas actividades extraescolares, son xestionadas pola ANPA. Para calquera información sobre os servizos ofertados e as actividades, deberán porse en contacto con dita asociación. O horario de atención ao público da ANPA é de 9:00 a 9:30 h e de 13:45 a 14:15 horas. Teléfono: 660175215   E-mail: anpa.garcia.barbon@gmail.com.

Máis información en http://anpagarciabarbon.org/

  ÁREA DE INFLUENCIA:

 Comprende dende o cruce de Isaac Peral e Camiño do Viso, seguindo pola rúa San Xoán do Monte ata o cruce coa rúa Cantabria; e seguindo pola Avenida do Aeroporto ata a rúa Tomás Elvira e dende aquí pola Avenida Ramón Nieto, rúa Urzaiz e rúa Colón ata o porto.

 Na páxina : www.escolasvigo.org/mapas poden consultar as áreas de influencia de Vigo e a que lle corresponde introducindo o seu enderezo.

 

Poden descargar a información completa e os Anexos pinchando en "7 adxuntos"

 

 

Expedientes 6º Educación Primaria

Na secretaría do centro, xa están a disposición das familias os expedientes dos alumnos e alumnas de 6º de Educación Primaria.

Un saúdo

Corrección ISBN libro texto Lengua Castellana de 6º Educación Primaria

Na lista de libros cara o vindeiro curso 2016-2017, produciuse un erro no ISBN do libro de Lengua Castellana de 6º de Educación Primaria. O correcto é o seguinte: 978-84-698-0652-4

De todos xeitos, no arquivo adxunto pódese descargar a listaxe completa de libros co ISBN correxido.

Perdoen as molestias.

Documentación alumnado 6º de Primaria que promociona a Secundaria

Por problemas alleos ao centro, non está dispoñible a documentación do alumnado de 6º de Educación Primaria que promociona ao instituto.

Dita documentación non é estrictamente necesaria para formalizar a nova matrícula no instituto, é dicir que se pode facer directamente dito proceso sen estos documentos. 

Disculpen as molestias.

 

Charla riscos asociados a Internet

O vindeiro xoves  5 de maio de 2016 teremos unha charla informativa na biblioteca do colexio ás 18:00 h, impartida por expertos da Policía Nacional, sobre un tema que consideramos de gran importancia e actualidade na educación d@s nos@s nen@s: 

“ Riscos asociados a Internet e ás novas tecnoloxías”

Esta charla forma parte do “Plan Director para a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos”.

Esperamos que sexa do voso interese  e consideramos de gran importancia que asistades xa que é unha oportunidade de formación sobre un tema que preocupa a todos e todas.

Para poder levar a cabo esta actividade é preciso unha asistencia mímina de 20 persoas, polo que precisamos da vosa confirmación  antes do martes 3 de maio. 

A A.N.P.A porá a disposición dos pais e nais  do centro un espazo cun responsable para a atención e coidado dos nenos e nenas .

Resolución provisional de admitidos e non admitidos curso 2016/2017

No arquivo adxunto atópase a listaxe provisional de admitidos e non admitidos para o vindeiro curso 2016/2017.

RECORDADE QUE O PRAZO DE RECLAMACIÓNS ANTE ESTAS LISTAXES PROVISIONAIS ABRENGUE DENDE O MARTES 26 DE ABRIL ATA O LUNS 2 DE MAIO DE 2016, OS DOUS DÍAS INCLUÍDOS.

DITAS RECLAMACIÓNS, DIRIXIDAS Á COMISIÓN DE ESCOLARIZACIÓN DO CEIP GARCÍA BARBÓN, PRESENTARANSE POR ESCRITO NA SECRETARIA DO CENTRO.

AS LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS, PUBLICARANSE O DÍA 13 DE MAIO DE 2016

Distribuir contido


by Dr. Radut