Skip to Content

NOVAS DO CENTRO

Listaxe definitiva de admitidas e admitidos curso 2023/24

 

Dende hoxe están expostos no taboleiro de anuncios do colexio o listado definitivo de alumnos e alumnas admitidos  para o curso 2023/24

 

En base ao establecido no artigo 36 da orde de admisión de alumnado (21 de octubre de 2022), todas as persoas que non estén dacordo cos listaxes de admisión publicadas, poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Xefatura Territorial. O prazo é dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Prazo para a formalización da matrícula20-30  de xuño.

No mes de Xuño publicaremos na web a relación de documentación a presentar así como se vai a levar a cabo o proceso

Convocatoria becas alumnado NEAE para o curso 2023-24

·  Resolución do 20 de abril de 2023 da secretaria de Estado de Educación pola que se convocan axudas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo para o curso académico 2023/2024 (BOE 26 de ABRIL DE 2023)

·      PRAZO:dende o 8 de maio ao 20 setembro de 2023

·      Paxina oficial do ministerio

·      Acceso servizo online

Apadriñamento lector

Para celebrar o día do libro o equipo de biblioteca propuxeron un apadriñamento lector do alumnado no que por parellas aproveitaron os diferentes espazos do colexio para desfrutar da lectura.

Clicade na imaxe para acceder ao blog da biblioteca para ver distintas imaxes

Escola de nais e pais para infantil e primaria

Trasladamosvos unha nova proposta dentro da Escola de Nais e Pais, un espazo de encontro para reflexionar sobre a tarefa educativa. Neste caso a temática será “Educando na responsabilidade”, destinada a familias de infantil e primaria.

 

Estades todos e todas convidados. 

 

 

Información proceso baremación

APERTURA PRAZO PARA PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN

O número de solicitudes presentadas en 4º de EI, 1º EP, 2º EP e 4º EP  para o curso 2023-24 é superior ao número de prazas ofertadas.

De conformidade co establecido no artigo 30.2 da Orde de 21 de outubro de 2022, ábrese un prazo de 10 días hábiles, contados dende o día seguinte ao de finalización de presentación de solicitudes para presentar a documentación (forma presencial) xustificativa que crean convinte complementaria da xa presentada

8 Marzo: Día da muller

"Un universo de mulleres" foi o lema escollido para conmemorar este ano o 8M, e tomando as palabras da astronauta estadounidense Mae Jemison, queremos lembrarlles a todos os nenos e nenas do García Barbón que non diexen que ninguén roube a súa imaxinación, creatividade ou curiosidade. Queremos que todos e todas medredes en igualdade e que cada un tope o seu lugar no mundo.
Aquí tedes unha mostra dos traballos de investigación que fixeron das biografías de mulleres astronautas.

Escola de nais e pais

Trasladamosvos unha proposta, dirixida neste caso as familias con alumnado na etapa de infantil,  unha Escola de Nais e Pais, un espazo de encontro para reflexionar sobre a tarefa educativa. 

Entroido 2023

Xa sabiamos todos e todas da tradición do entroido en Galicia pero no cole García Barbón quixemos levar a tradición ata o espazo exterior: extraterrestres, superheroes galácticos, astronautas, foguetes… Hoxe todos xuntos compartimos unha mañá “espacial”.

Aquí tedes unha mostra das nosas comparsas.

 

30 de xaneiro, celebración día da Paz

O pasado luns 30 de xaneiro conmemoramos o Día escolar da paz e da non violencia, algo que debemos lembrar tódolos días, pero aínda así quixemos cantar ben alto que os nenos e nenas do García Barbón queremos un mundo mellor e que imos poñer todo da nosa parte para conseguilo.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut