Skip to Content

NOVAS DO CENTRO

Semana STEAM

Durante este ano estivemos a traballar nas aulas a metodoloxía STEAM (Science, Technology, Engineering, Art y Mathematics). Buscamos que o  alumnado aprenda mediante proxectos no que o traballo cooperativo resulta fundamental, fomentando a autonomía e toma de decisións ante as diferentes situacións plantexadas.

Durante a semana do 12 ao 16 de xuño, celebraremos unha semana Steam onde o alumnado ten programado diferentes obradoiros nos que coñecera os proxectos que levaron a cabo os seus compañeiros e compañeiras que serán os auténticos relatores e relatoras

Axudas municipais curso 2023-24: libros de texto, material e comedor escolar

Publicouse no BOP a apertura de prazo para as solicitudes de AMES 2023-2023 ( Axudas Municipais de libros, material escolar e comedor para alumnos/as de centros docentes públicos e privados concertados de educación infantil, segunda etapa, e educación primaria e secundaria).

 

  •   PROGRAMA DAS AXUDAS
    • Serán de dous tipos:
      • Axudas para a adquisición de libros e material escolar para Educación Infantil (2ª etapa)
      • Axudas para comedores escolares (de setembro a xuño, ámbolos dous incluídos) para alumnos/as matriculados/as nos niveis de Educación Infantil (2ª etapa), Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria
  • FORMA DE PRESENTACIÓN
  • PLAZO PRESENTACIÓN
    • Do 5 ao 30 xuño
  • ANEXOS
  • BASES PUBLICADAS NO BOP

Listaxe definitiva de admitidas e admitidos curso 2023/24

 

Dende hoxe están expostos no taboleiro de anuncios do colexio o listado definitivo de alumnos e alumnas admitidos  para o curso 2023/24

 

En base ao establecido no artigo 36 da orde de admisión de alumnado (21 de octubre de 2022), todas as persoas que non estén dacordo cos listaxes de admisión publicadas, poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Xefatura Territorial. O prazo é dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Prazo para a formalización da matrícula20-30  de xuño.

No mes de Xuño publicaremos na web a relación de documentación a presentar así como se vai a levar a cabo o proceso

Convocatoria becas alumnado NEAE para o curso 2023-24

·  Resolución do 20 de abril de 2023 da secretaria de Estado de Educación pola que se convocan axudas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo para o curso académico 2023/2024 (BOE 26 de ABRIL DE 2023)

·      PRAZO:dende o 8 de maio ao 20 setembro de 2023

·      Paxina oficial do ministerio

·      Acceso servizo online

Apadriñamento lector

Para celebrar o día do libro o equipo de biblioteca propuxeron un apadriñamento lector do alumnado no que por parellas aproveitaron os diferentes espazos do colexio para desfrutar da lectura.

Clicade na imaxe para acceder ao blog da biblioteca para ver distintas imaxes

Escola de nais e pais para infantil e primaria

Trasladamosvos unha nova proposta dentro da Escola de Nais e Pais, un espazo de encontro para reflexionar sobre a tarefa educativa. Neste caso a temática será “Educando na responsabilidade”, destinada a familias de infantil e primaria.

 

Estades todos e todas convidados. 

 

 

Información proceso baremación

APERTURA PRAZO PARA PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN

O número de solicitudes presentadas en 4º de EI, 1º EP, 2º EP e 4º EP  para o curso 2023-24 é superior ao número de prazas ofertadas.

De conformidade co establecido no artigo 30.2 da Orde de 21 de outubro de 2022, ábrese un prazo de 10 días hábiles, contados dende o día seguinte ao de finalización de presentación de solicitudes para presentar a documentación (forma presencial) xustificativa que crean convinte complementaria da xa presentada

Distribuir contido


by Dr. Radut