Skip to Content

NOVAS DO CENTRO

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR E LIBROS DE TEXTO

Xa están dispoñibles no taboleiro do centro os listados de solicitudes concedidas e excluídas para a adquisición de libros de texto (1º e 2º de educación primaria) e para a adquisición de material escolar (1º a 6º de educación primaria). Agradecemos que os interesados en reclamar o fagan entre o 10 e 15 de xullo para poder axilizar os trámites e entregar os cheques ás familias canto antes.

Un saúdo

 

PERÍODO DE ADAPTACIÓN 4º EI (3 ANOS)

A continuación adxuntamos os documentos do período de adaptación dos alumnos de 4º de EI (3 anos) que comezarán no colexio o vindeiro curso 2017- 2018.

 

Un saúdo

 

A dirección

LISTAXE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2017- 2018

A continuación podedes consultar a listaxe dos libros de texto para o vindeiro curso 2017- 2018. Recordamos que todos os nenos levan cos boletíns de calificación un listado destes.

* Foi advertido un erro no listado de libros de texto de 2º de primaria. O libro de "APRENDER ES CRECER JUNTOS" do primeiro trimestre aparece duplicado. Unicamente hai que mercar un. 

* Advertido erro no ISBN do libro de Lengua Castellana de 6º de EP. LENGUA 6. PROXECTO APRENDER É CRECER EN CONEXIÓN. EDITORIAL ANAYA. ANO 2015. ISBN 978-84-678-80564.

Un saúdo

A dirección

AXUDAS DA XUNTA DE GALICIA PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2017/2018

Onte foi publicada a Orde da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan as axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar. De cara a o que é o noso centro, distribúese da seguinte maneira:

 

  • Fondo solidario de libros (destinado ao alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria).
  • Axuda para libros de texto (destinado ao alumnado de 1º e 2º de educación primaria).
  • Axuda para material escolar (destinado a todo o alumnado de educación primaria).

 

Os prazos son os seguintes:

 

  • Entrega de solicitudes: dende o martes, 23 de maio ata o venres, 23 de xuño (ambos inclusive).

               *As solicitudes estarán dispoñibles:

                          - Dende hoxe, 23 de maio, na Secretaría do centro.

                          - Pódese imprimir dende este enlace.

                          - Pódese descargar e cubrir dende a sede electrónica da Xunta de Galicia.

  • Publicación das listaxes provisionais: venres, 14 de xullo.
  • Publicación das listaxes definitivas: mércores, 19 de xullo.

 

A recollida e entrega do impreso farase na Secretaría do centro en horario de 9:00 a 14:00. A documentación complementaria a entregar coa solicitude pódese atopar na Orde na páxina 10.

Para máis información sobre este proceso consulte na Secretaría do centro.

IMPORTANTE: o alumnado que foi beneficiario do fondo solidario de libros de texto ou que os adquiriu a través de axudas de libros neste curso 2016/2017, deberá devolver os libros o último día de clase, o venres, 23 de xuño. Advírtese que a non devolución dos libros conleva a exclusión na participación no fondo solidario de libros e nas axudas de libros e material escolar para o vindeiro curso (art. 5.1 da Orde do 16 de maio de 2017).

Queda excluido da obriga de devolución de libros de texto o alumnado de 1º e 2º de educación primaria e o alumnado de educación especial sempre que os libros adquiridos non se poidan reutilizar.

AXUDAS MUNICIPAIS PARA COMEDOR, LIBROS E MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2017/18

Convócanse as Axudas municipais para o vindeiro curso escolar 2017/2018 destinadas a:

 

  • Comedor (destinado ás etapas de educación infantil (2º ciclo), educación primaria e educación secundaria obrigatoria).
  • Libros e material escolar (destinado á etapa de educación infantil (2º ciclo)).

 

Na Secretaría do centro pódese recoller tanto o tríptico informativo como a solicitude da axuda en horario de 9:00 a 14:00 horas.

O prazo de presentación será dende o 19 de maio ata o 15 de xuño e entregarase xunto coa documentación solicitada no rexistro xeral do Concello de Vigo ou porcalquera dos medios previstos no art. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Para entregar no Concello pódese pedir cita previa nos seguintes teléfonos:

 

  • 010
  • 986 810 260

 

Tamén pódese presentar a solicitude a través da web www.vigo.org

Nota: na Secretaría do centro expedirase o certificado de matriculación que é necesario presentar xunto coa solicitude.

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS/AS E NON ADMITIDOS/AS. CURSO 2017/2018

No seguinte documento adxunto pódese ver a listaxe definitiva dos admitidos/as e non admitidos/as no noso centro para o vindeiro curso 2017/2018 desagregadas por cursos.

Lémbrase que dende o día 20 ata o 30 de xuño (ambos inclusive), deberase formalizar a matrícula. En caso de non formalizarse nas datas especificadas terase por decaído ao dereito de praza no centro. No documento adxunto detállase a documentación a presentar no período de matriculación.

Un saúdo.

 

Vigo, 12 de maio de 2017.

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS/AS E NON ADMITIDOS/AS. CURSO 2017/2018

No seguinte documento adxunto pódese ver a listaxe provisional dos admitidos/as e non admitidos/as no noso centro para o vindeiro curso 2017/2018 desagregadas por cursos.

Lémbrase que dende mañá, 25 de abril, ata o mércores, 3 de maio (ambos inclusive), pódense presentar reclamacións ás listas.

Un saúdo.

 

Vigo, 24 de abril de 2017.

PUBLICACIÓN LISTADO SOLICITUDES DE ADMISIÓN (CURSO 2017/2018)

No seguinte enlace pódese ver a listaxe de todas as solicitudes de admisión presentadas no noso centro para o vindeiro curso 2017/2018 desagregadas por cursos.

No outro documento adxunto poden ver máis información sobre a documentación a presentar para baremar. Lembramos que o prazo para presentar dita documentación remata o vindeiro xoves, 6 de abril.

 

Vigo, 30 de marzo de 2017.

 

 

ADMISIÓN CURSO 2017-2018

 

 

INSTRUCIÓNS SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA

O CURSO ACADÉMICO 2017/18

 

POSTOS ESCOLARES OFERTADOS. 

4º EI

5º EI

6º EI

1º EP

2º EP

3º  EP

4º EP

5º EP

6º EP

44 + 6 NEAE

0

1

0

0

0

0

0

0

 

MODO PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Pódese facer a través dun dos seguintes: 

- Aplicación <admisionalumnado>  

(https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado).

 - No centro de primeira opción. Cubrindo o impreso que está a súa disposición na citada aplicación ou na secretaría do centro.

EN CALQUERA DOS DOUS CASOS, É OBRIGATORIO ENTREGAR UNHA COPIA DA SOLICITUDE NO CENTRO DE PRIMEIRA OPCIÓN.

 

CALENDARIO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN E MATRÍCULA. 

Presentación da solicitude de admisión

1 ao 20 de marzo

Presentación listaxe provisional

23 marzo

No caso de haber máis solicitudes que prazas:

Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo

 

do 25 de marzo ao 7 de abril

Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas

antes do 25 de abril

Reclamacións ás listaxes (5 días hábiles despois da publicación destas)

do 26 de abril ao 5 de maio

Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas

antes do 15 de maio

Formalización da matrícula en educación infantil e primaria

do 20 ao 30 de xuño

O alumnado e as familias poderán consultar o estado de tramitación das súas solicitudes:

-A través da aplicación <admisionalumnado> (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado), utilizando o código de solicitude e o número de DNI da persoa solicitante.

 

CRITERIO COMPLEMENTARIO DO BAREMO FIXADO POLO CONSELLO ESCOLAR.

      O criterio complementario é solicitar en primeiro lugar un centro de ensino público. A valoración deste criterio será dun punto.

HORARIO DA SECRETARÍA.

     O horario da secretaría para a entrega de solicitudes e documentación é de 9:00h a 14:00 h, de luns a venres.

 SERVICIOS COMPLEMENTARIOS:

                O centro dispón de servizo de comedor e Aula Matinal que, xunto coas actividades extraescolares, son xestionadas pola ANPA. Para calquera información sobre os servizos ofertados e as actividades, deberán porse en contacto con dita asociación. O horario de atención ao público da ANPA é de 9:00 a 9:30 h e de 13:45 a 14:15 horas. Teléfono: 660175215   E-mail: anpa.garcia.barbon@gmail.com.

Máis información en http://anpagarciabarbon.org/

  ÁREA DE INFLUENCIA:

 Comprende dende o cruce de Isaac Peral e Camiño do Viso, seguindo pola rúa San Xoán do Monte ata o cruce coa rúa Cantabria; e seguindo pola Avenida do Aeroporto ata a rúa Tomás Elvira e dende aquí pola Avenida Ramón Nieto, rúa Urzaiz e rúa Colón ata o porto.

 Na páxina : www.escolasvigo.org/mapas poden consultar as áreas de influencia de Vigo e a que lle corresponde introducindo o seu enderezo.

 

Poden descargar a información completa e os Anexos pinchando en "7 adxuntos"

 

 

LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNADO QUE OBTIVO PRAZA NO IES ROSAIS 2

Xa podedes consultar a listaxe definitiva dos alumnos que foron admitidos no IES Rosais 2. Lembrade que tedes que formalizar a matrícula no citado centro nos prazos establecidos.

Un saúdo

A dirección

Distribuir contido


by Dr. Radut