Skip to Content

NOVAS DO CENTRO

MATRÍCULA CURSO 2018/2019

Recordamos ás familias de novo ingreso no centro que deben vir matriculalos do día 20 ao 29 de xuño de 9 a 14 horas. Teñen que traer:

 

- Fotocopia da tarxeta sanitaria.

- Fotocopia da cartilla de saúde infantil (vacinas).

- Dúas fotografías tamaño carné co nome do rapaz ao dorso.

- Anexo III-1 debidamente cuberto. (a recoller na secretaría do colexio).

 

A dirección

AXUDAS MUNICIPAIS PARA COMEDOR, LIBROS E MATERIAL ESCOLAR 2018/2019

Informamos ás familias que a partir de hoxe xa poden solicitar as seguintes axudas municipais: 

- Axudas de libros de texto e material escolar para alumnos de 2º ciclo de educación infantil (4º, 5º e 6º). Poden recoller na secretaría do colexio o ANEXO I e un xustificante do centro no que se fai constar que para o curso 18/19 están matriculados ou teñen reserva de matrícula.

- Axudas de comedor para alumnos de 2º ciclo de educación infantil (4º, 5º e 6º), alumnado de primaria e de secundaria. Poden recoller na secretaría do colexio o ANEXO I e un xustificante do centro no que se fai constar que para o curso 18/19 están interesados no servizo de comedor.

Prazo de presentación: do 31 de maio ao 27 de xuño (20 días dende o seguinte á publicación do estracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia).

Lugar de presentación: presentaranse a través do rexistro xeral municipal ou por calquera dos medios previstos no Art. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. É necesario pedir cita previa a través de www.vigo.org, ou chamando aos teléfonos 010 ou no 986 810 260.

A Pedaliña 2018

Dende o colexio animamos a toda a comunidade educativa a participar en "A Pedaliña 2018". 

O CEIP García Barbón sempre comprometido co coidado do noso planeta. 

Animádevos e vide a pedalear!!!

Construíndo comunidades educativas inclusivas

O CFR de Vigo en colaboración con FOANPAS organiza unha actividade formativa titulada Construíndo comunidades educativas inclusivas que se desenvolverá o vindeiro sábado día 26 de maio no Verbum de Vigo ( Avda. de Samil 17) en horario de 10 a 14, e de 16 a 20.

 
As familias interesadas poden comunicar a súa asistencia ao CFR de Vigo(986202370)  ou ben a FOANPAS (986298812)

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO. AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2018/19

Estas axudas están dirixidas a alumnado de PRIMARIA. Existen tres modalidades:

- Axudas para adquirir libros de texto: alumnado matriculado en 1º e 2º de EP, así como para alumnado cunha discapacidade ≥ 65%.

- Fondo solidario de libros de texto (préstamo de libros): alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º, e 6º de EP.

- Axudas para adquirir material escolar: alumnado matriculado en EP. 

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

O prazo para presentar solicitudes rematará o día 22 de xuño de 2018 (este incluído).

O ALUMNADO DE 6º DE EP entregará a solicitude no centro no que estea admitido para o curso 2018/2019. No caso de non estar admitido en ningún deberán traelo ao colexio para proceder a súa tramitación.

Poden consultar máis información descargando a Orde que se adxunta. 

 

A dirección

 

 

CHARLA: EDUCACIÓN EMOCIONAL

A Conselleríade Cultura, Educación e Ordenación Universitara invita ás familias a asistir a unha formación titulada A educación a debate que consta de varias sesións sobre distintos temas. O próximo mércores, 23 de maio, en horario de 18:00 a 20:00, no salón do CFR de Vigo (Camiño do Chouzo, nº 2 , 36208, Vigo ) terá lugar unha charla sobre Educación emocional a cargo de Raquel Pedrouso Carreira.

 

LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNOS ADMITIDOS E NON ADMITIDOS. CURSO 18/19

Poden consultar a listaxe de admitidos e non admitidos descargando o documento adxunto.

A dirección

ABISMOS, CAMIÑOS E PONTES. Educación sexoafectiva responsable

Esta charla está dirixida a pais, nais e docentes da educación secundaria de centros de ensino público.
Será unha taller de coñecemento sobre diferentes recursos e alternativas para lograr un diálogo afectivo entre familia, docentes e fillos, que fomente a autoestima e coidado responsable da saúde física e emocional da rapazada. Será impartido por Sandra Verba Szerman, formada en Psicoloxía Social, psicomotricidade e terapia Gestalt.
Inscricións ata o 16 de maio no 986298812 ou en foanpas@foanpas.com
 
Cando: Luns 21 de maio de 2018
Hora: de 17 a 19 horas
Onde: IME Camiño do Chouzo Nº 2 (Vigo)

ENFADOS, GRITOS, RABIETAS

Esta charla está dirixida a nais, pais e docentes da educación infantil, primaria e secundaria dos centros de ensino público.

Cando: Xoves 10 de maio de 2018

Hora:de 17:00 a 18:30

Onde: CEP Celso Emilio Ferreiro (Rúa Porriño – Vigo) (Zona Coia)

 

A diario atopamos situacións que elevan o noso nivel de estrés, limitando o noso tempo porque precisamos facer todo á présa, entrando nun círculo de nervios e ansiedade. É entón cando a desobediencia dos nosos fillos/as nos produce maior estrés e desbordamento. Como xestionar situacións estresantes da nosa vida familiar? Como enfrontarnos a unhas emocións difíciles dxs nosxs nenxs?

A pedagoga Agnieszka Morawiecka, ofrecerá ferramentas para afrontar estas difíciles e incómodas situacións.

 

Inscricións ata o 9 de maio no 986298812 ou en foanpas@foanpas.com        

Poesía Visual: O colexio no Faro de Vigo

As alumnas e alumnos de 5º de primaria asistiron o día 25 de abril a mostra Poesía visual: Rompe, xogando coa igualdade.  A sorpresa foi miúscula cando foron recibidos pola presidenta da Deputación de Pontevedra, Doña Carmela Silva e as artistas Isabel Blanco e Irene Silva.

A vísita quedou reflectida no seguinte artigo do faro de Vigo.

Distribuir contido


by Dr. Radut