Skip to Content

NOVAS DO CENTRO

Gañadores concurso “Cíes. O paraíso de todos”

O pasado venres 18 de decembro celebrábase no Auditorio Mar de Vigo a entrega de galardóns do VI concurso promovido polo Faro de Vigo: “Cíes. O paraíso de todos”. Unha entrega de premios onde estaba representado o CEIP García Barbón para recoller o premio á modalidade colectiva por un vídeo presentado polo alumnado de 1º de Primaria e os mestres Tania e Jesús.

O protocolo de medidas de hixiene e seguridade impediu a asistencia de tódolos participantes pero dende aquí queremos felicitalos e compartir o seu traballo co resto da comunidade educativa. Noraboa!

 

 

  

 

Enlace noticia Faro de Vigo

 

 

Circular informativa sobre o final de trimestre

Benqueridas familias:

 Achegámonos ás festas do Nadal, as cales queremos felicitarvos de forma moi agarimosa, e informarvos de aspectos importantes para estes últimos días

  •   As clases rematan o 22 de decembro. O alumnado levará as notas en papel e serán publicadas ese mesmo día ás 16 horas en abalar, aplicación que podedes descargar no móbil
  •   A volta  das clases están previstas para o día 8 de xaneiro. Non podemos concretar nada sobre as noticias que están a aparecer sobre outras datas para a  volta despois das vacacións. En caso de que non sexa na data prevista o comunicaremos pola web e por abalar
  •  Dada a situación de pandemia que estamos a vivir, non puidemos celebrar o festival de nadal coas familias. Temos unha sorpresa para vos, xa que están traballando moi duro nas súas  actuacións navideñas dirixidos pola mestra de música e o día 22 publicaremos na web todas as actuacións

 Recibide un afectivo saúdo de todo o equipo docente do Ceip García Barbón

DÍA DA INFANCIA: 20 NOVEMBRO

O Día da Infancia conmemórase todos os anos o 20 de novembro, adicado a todos  os nenos e nenas do mundo. É un día para celebrar os avances conseguidos, pero  tamén para lembrar aos nenos e nenas que se atopan nunha situación  desfavorecida; dar a coñecer os dereitos da infancia e concienciar ás persoas sobre  a importancia de traballar día a día polo seu benestar e desenvolvemento.  

 

Este día mundial lembra que todos os nenos e nenas teñen dereito á saúde, á  educación, á identidade, á protección, a xogar, á súa liberdade de expresión, á  alimentación e a vivienda, con independencia do lugar do mundo no que naceran.  

 

No García Barbón impártannos os nenos e nenas, do noso colexio e de calquera parte do mundo e por iso quitemos dar a conocer os seus dereitos.

 

Feliz día rapaces e rapazas!

 

 

 

Hecho con Padlet

RESUMO DA SEMANA DO MEDO

Non queríamos marchar de fin de semana sen amosarvos o traballo desta semana: xestión das emocións, composicións literarias, representacións teatrais, tradicións culturais, expresións artísticas e… MOITA DIVERSIÓN! 

Coma fin de festa bailamos todos xuntos con Uxía Lambona a canción do Samaín.

 

Feliz Samaín!

 

 

 

 

Calendario escolar 2020/21

 

CALENDARIO ESCOLAR 2020/21

Mes

Día

 

Setembro

10

Comezo das clases no 2º ciclo de educación infantil, educación especial e primaria

Outubro

12

Día non lectivo. Día da Festa Nacional de España

Novembro

2

Día escollido polo centro e aprobado pola Xefatura Territorial

Decembro

7

Día non lectivo. Día do ensino

8

Día non lectivo. Día da Inmaculada Concepción

23, 24, 25, 28, 29, 30 e 31

Vacación de Nadal

Xaneiro

1, 4, 5, 6 e 7

Febreiro

15, 16 e 17

Vacacións do Entroido

Marzo

29,30 e 31

Vacacións de Semana Santa

Abril

1,2 e  5

Maio

17

Día non lectivo. Día das Letras Galegas

18

Día escollido polo centro e aprobado pola Xefatura Territorial

Xuño

22

Remate das clases no 2º ciclo de Educación Infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria, bacharelato e formación profesional

ENLACE AO CALENDARIO ESCOLAR  2020-21

ACTUALIZACIÓN PROTOCLO COVID-19

Etimadas familias, queremos informarvos de que acaba de ser publicado, na web da Xunta, informacións referentes ao protocolo COVID para o centro, diversidade e comedor. Nos seguintes enlaces podedes ver estes documentos:

BENVIDAS E BENVIDOS

Quero invitaros a ler a reflexión que, dende o blog de Lingua Galega, se fai sobre a volta a clase e as sensacións que tivemos durante estes dous días. Clicando na imaxe, accededes a reflexión que fixo a profe Charo

ARRANCAMOS O CURSO ESCOLAR 2020/21

Benvid@s ao novo curso escolar e ao voso colexio. O profesorado estivo a traballar todo este tempo para preparar unha volta as aulas diferente. Teremos novas normas para conseguir un espazo seguro no que compartir aprendizaxes, inquedanzas... pero tamén moitas alegrías e sorrisos!

Este curso teremos novos horarios, novas formas de entrar, sinalizacións para subir e baixar, normas hixiénicas... e moitas cousas que iredes vendo pouco a pouco.

A continuación tendes un recordatorio das normas máis importantes coas que vos ides  atopar, e que mellor, que presentalo cunhas cancións que nos fagan bailar e aprender xogando! Feliz curso!

 

 

AVISO IMPORTANTE COMEDOR E AULA MADRUGA

Dende a ANPA queren comunicarvos que ata que non teñan novo aviso o curso escolar 2020/21 arranca sen comedor e aula matinal

As actividades extraescolares que  se levan a cabo dentro da escola non se realizarán ata novo aviso. Todas as actividades externas ao centro están abertas.

No caso de que cambiase a situación con respecto a comedor, aula matinal,...dentro dos centros inormaríamos polos medios habituais

Se tendes algunha dúbida, contactade connosco, estaremos a vosa disposición

Distribuir contido


by Dr. Radut