Skip to Content

NOVAS DO CENTRO

Semana STEAM

No cole García Barbón vimos de celebrar a semana Steam, un tempo para compartir as aprendizaxes entre iguais e estimular a resolución de problemas e o pensamento crítico. Noraboa a todas e todos os participantes polo seu inxenio!

Aquí tedes unha pequena mostra dos nosos futuros científicos e científicas. Grazas tamén as familias que vos animáchedes a participar!

 

Fondo solidario de libros de texto e axudas adquisición libros e material curso 2024-25

Apertura do prazo para o FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR para o curso 2024-25

Lectura da normativa: ORDE do 7 de maio de 2024 (DOG do 20 de maio)

Convocatoria becas NEAE- Curso 2024-25

·      Destinatarios: alumnado con

o   Discapacidade igual ou maior ao 25%

o   Trastorno grave da conduta

o   Trastorno grave da comunicación e linguaxe

o   Trastorno por déficit de atención e/ou hiperactividade asociado a trastorno de conduta ou discapacidade do 33%

o   Altas capacidades

o   Trastorno de espectro autista

·      Prazo

o   30 abril ao 13 setembro

·      Proceso

o   Na sede electrónica do Ministerio de Educación (iniciar)

·      Normativa de referencia

o   Enlace

o   Extracto resolución 12 abril 2024

·      Información e explicación do proceso

o   Iniciar

·      Pasos finais

o   Unha vez pechada á solicitude online deben imprimila e asinala.

o   No gabinete psicopedagóxico terán que cubrir e asinar o apartado correspondente e achegar a memoria de actividades.

o   Entregar no centro

§  Os impresos cubertos, asinados pola familia e selados polo gabinete externo

§  Documentación requerida

§  Certificado do número de conta bancaria na que o alumno/a sexa titular.

§  Diagnóstico médico do Sergas,

§  Certificado de discapacidade e/ou título de familia numerosa

Admisión alumnado

 

Temos  expostos no taboleiro de anuncios do colexio o listado definitivo de alumnos e alumnas admitidos  para o curso 2024/25

 

En base ao establecido no artigo 36 da orde de admisión de alumnado (21 de octubre de 2022), todas as persoas que non estén dacordo cos listaxes de admisión publicadas, poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Xefatura Territorial. O prazo é dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Prazo para a formalización da matrícula20-30  de xuño.

No mes de Xuño publicaremos na web a relación de documentación a presentar así como se vai a levar a cabo o proceso

Calendario escolar 2024-25

A Consellería de Educación publicou no DOGA a orde do calendario escolar para o vindeiro curso escolar 2024-2025.

Enlace ao  documento.

Fase baremación 4º E. Infantil

Dado que o número de solicitudes, para 4º E. Infantil e 1º de primaria, superan o número de postos escolares ofertados  ábrese un prazo de 10 días hábiles, contados desde o día seguinte ao de finalización de prazo para presentar solicitudes, para que as persoas interesadas achegen de forma presencial a documentación xustificativa dos criterios de baremo alegados, para realizar a súa valoración e establecer unha orde de prelación,  en base ao establecido na ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

Entroido

No cole García Barbón xa estamos preparados para recibir ao Entroido e nun curso de alu-cine os mandados do Meco tiñan que ser de película. Tomade boa nota e preparádevos ben… As celebracións rematarán o venres cun desfile ás 11:00 ao que estados convidadas as familias. Esperámosvos!

 

 

Día escolar da Non Violencia e a Paz

O 30 de xaneiro conmemoramos no colexio o día da Paz e Non Violencia, para o cal todo ao alumnado investigou sobre homes e mulleres que contribuíron cos seus feitos a un mundo mellor e por iso se lles concedeu o premio Nobel da paz.

Co resultado das súas investigacións fixeron un audio que podes escoitar clicando na imaxe.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut