O 30 de xaneiro conmemórase o Día Escolar da Paz e da non violencia, unha asignatura na que todos e todas debemos esforzarnos en sacar a mellor nota posible
No colexio Plurilingüe García Barbón cremos nunha educación inspirada na cultura da non violencia e da paz, que permita a o noso alumnado adquirir coñecementos, actitudes e competencias que reforcen o seu desenvolvemento como cidadáns globais críticos e comprometidos cos seus dereitos e os doutras prersoas.
Onte todos e todas xuntos comprometémonos a mellorar día a día a convivencia no noso cole cantando Todos somos capitáns
A continuación poderedes escoitar, un podcast que fixemos na radio escolar para celebrar este día relacionandoo coa paz que nos transmite o Camiño de Santiago