NORMATIVA REGULADORA.
Decreto 254/2012, do 13 de decembro (DOG 26/12/2012)
Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG 15/13/2013)
Orde do 25 de xaneiro de 2017 (DOG 01/02/2017)
POSTOS ESCOLARES OFERTADOS.
Modifícase o número de prazas vacantes a día 12 de marzo de 2019, resultando as seguintes:
4º Infantil |
5º Inf |
6º Inf |
1º Primaria |
2º Prim |
3º Prim |
4º Prim |
5º Prim |
6º Prim |
44 + 6 NEAE* |
0 |
0 |
1 NEAE* |
0 |
1 |
0 |
0 |
*Inicialmente reservados para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (atendendo ao disposto no artigo 3º.2 da Orde do 12 de marzo de 2013).
SOLICITUDES.
Prazo de presentación de solicitudes de admisión:
Do 1 ao 20 de marzo
Modo de presentación de solicitudes: Pódese facer a través dun dos seguintes procedementos:
1.- A través da aplicación <admisionalumnado>
(https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado).
Cubren o formulario de admisión a través do menú Solicitudes - Admisión - Crear solicitude de admisión. Feito iso poden optar por:
- Cubrir e imprimir dito formulario e achegalo ao centro educativo no que queren matricular ao seu fillo ou filla en primeira opción.
- Se dispoñen de certificado dixital ou chave 365, presentalo na Sede Electrónica a través da aplicación.
2.-. Cubrindo e entregando no centro de primeira opción o impreso que está a súa disposición na citada aplicación ou na secretaría do centro.
Cada alumno/a só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, poden pór ata 6 centros por orde preferencia. (A infracción desta norma determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle).
O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe antes do 1 de marzo.
O alumnado que ten reservada praza nun centro adscrito, se presenta solicitude noutro, deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.
DOCUMENTACIÓN.
- A solicitude de admisión deberá ir acompañada da fotocopia da documentación acreditativa do requisitio de idade (DNI do alumno/a ou fotocopia do Libro de Familia).
- Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando deneguen a súa consulta.
- Certificado oficial do expediente académico, no seu caso.
- Sentencia xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor, no seu caso.
- Cando o número de solicitudes sexa superior ao número de prazas ofertadas polo centro, abrirase un prazo para achegar a documentación xustificativa dos criterios do baremo.
- Toda a documentación que se presente deberá ir acompañada da orixinal ou presentar copia cotexada.
CALENDARIO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN E MATRÍCULA.
Presentación da solicitude de admisión |
1 ao 20 de marzo |
Presentación listaxe de solicitudes presentadas |
O 25 de marzo |
No caso de haber máis solicitudes que prazas: Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo |
do 25 de marzo ao 5 de abril |
Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas |
antes 25 de abril |
Reclamacións ás listaxes (5 días hábiles despois da publicación destas) |
Do 26 de abril ao 7 de maio |
Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas |
antes do 15 de maio |
Formalización da matrícula en educación infantil e primaria |
do 20 ao 28 de xuño |
O alumnado e as familias poderán consultar o estado de tramitación das súas solicitudes:
-A través da aplicación <admisionalumnado> (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado), utilizando o código de solicitude e o número de DNI da persoa solicitante.
CRITERIOS XERAIS PARA A ADMISIÓN DO ALUMNADO.
- Existencia de irmás/áns matriculadas/os no centro.
- Nai, pai, titora ou titor que traballe no centro.
- Proximidade do centro ao domicilio familiar ou ao lugar de traballo das/dos nais/pais ou titoras/es.
- Renda anual per cápita da unidade familiar.
- Condición de familia numerosa.
- Condición de familia monoparental.
- Concorrencia de discapacidade na alumna ou alumno, ou en nai, pai, titora, titor, irmá ou irmán do alumnado.
CRITERIO COMPLEMENTARIO DO BAREMO FIXADO POLO CONSELLO ESCOLAR.
O criterio complementario é solicitar en primeiro lugar un centro de ensino público. A valoración deste criterio será dun punto.
HORARIO DA SECRETARÍA.
O horario da secretaría para a entrega de solicitudes e documentación é de 9:00h a 14:00 h, de luns a venres.
EXPOSICIÓN DA INFORMACIÓN SOBRE O PROCESO:
Toda a información estará exposta nos taboleiros de anuncios do colexio e na páxina web: www.edu.xunta.es/centros/ceipgarciabarbon/
SERVICIOS COMPLEMENTARIOS:
O centro dispón de servizo de comedor e Aula Matinal que, xunto coas actividades extraescolares, son xestionadas pola ANPA. Para calquera información sobre os servizos ofertados e as actividades, deberán porse en contacto con dita asociación. O horario de atención ao público da ANPA é de 9:00 a 9:30 h e de 13:45 a 14:15 horas.
Teléfono: 660175215
E-mail: anpa.garcia.barbon@gmail.com
Máis información en http://anpagarciabarbon.org/
CENTRO ADSCRITO:
O Instituto de Educación Secundaria ao que está adscrito o CEIP García Barbón é o IES ROSAIS 2.
ÁREA DE INFLUENCIA:
Comprende dende o cruce de Isaac Peral e Camiño do Viso, seguindo pola rúa San Xoán do Monte ata o cruce coa rúa Cantabria; e seguindo pola Avenida do Aeroporto ata a rúa Tomás Elvira e dende aquí pola Avenida Ramón Nieto, rúa Urzaiz e rúa Colón ata o porto.
Na páxina: www.escolasvigo.org/mapas poden consultar as áreas de influencia de Vigo e a que lle corresponde introducindo o seu enderezo.