Skip to Content

AXUDAS DA XUNTA DE GALICIA PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2017/2018

Onte foi publicada a Orde da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan as axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar. De cara a o que é o noso centro, distribúese da seguinte maneira:

 

  • Fondo solidario de libros (destinado ao alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria).
  • Axuda para libros de texto (destinado ao alumnado de 1º e 2º de educación primaria).
  • Axuda para material escolar (destinado a todo o alumnado de educación primaria).

 

Os prazos son os seguintes:

 

  • Entrega de solicitudes: dende o martes, 23 de maio ata o venres, 23 de xuño (ambos inclusive).

               *As solicitudes estarán dispoñibles:

                          - Dende hoxe, 23 de maio, na Secretaría do centro.

                          - Pódese imprimir dende este enlace.

                          - Pódese descargar e cubrir dende a sede electrónica da Xunta de Galicia.

  • Publicación das listaxes provisionais: venres, 14 de xullo.
  • Publicación das listaxes definitivas: mércores, 19 de xullo.

 

A recollida e entrega do impreso farase na Secretaría do centro en horario de 9:00 a 14:00. A documentación complementaria a entregar coa solicitude pódese atopar na Orde na páxina 10.

Para máis información sobre este proceso consulte na Secretaría do centro.

IMPORTANTE: o alumnado que foi beneficiario do fondo solidario de libros de texto ou que os adquiriu a través de axudas de libros neste curso 2016/2017, deberá devolver os libros o último día de clase, o venres, 23 de xuño. Advírtese que a non devolución dos libros conleva a exclusión na participación no fondo solidario de libros e nas axudas de libros e material escolar para o vindeiro curso (art. 5.1 da Orde do 16 de maio de 2017).

Queda excluido da obriga de devolución de libros de texto o alumnado de 1º e 2º de educación primaria e o alumnado de educación especial sempre que os libros adquiridos non se poidan reutilizar.



page | by Dr. Radut