Convócanse as Axudas municipais para o vindeiro curso escolar 2017/2018 destinadas a:
- Comedor (destinado ás etapas de educación infantil (2º ciclo), educación primaria e educación secundaria obrigatoria).
- Libros e material escolar (destinado á etapa de educación infantil (2º ciclo)).
Na Secretaría do centro pódese recoller tanto o tríptico informativo como a solicitude da axuda en horario de 9:00 a 14:00 horas.
O prazo de presentación será dende o 19 de maio ata o 15 de xuño e entregarase xunto coa documentación solicitada no rexistro xeral do Concello de Vigo ou porcalquera dos medios previstos no art. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
Para entregar no Concello pódese pedir cita previa nos seguintes teléfonos:
- 010
- 986 810 260
Tamén pódese presentar a solicitude a través da web www.vigo.org
Nota: na Secretaría do centro expedirase o certificado de matriculación que é necesario presentar xunto coa solicitude.