Skip to Content

Ed. infantil

Aniversario Bruno F.!!

Esta semana celebramos o cumpleanos de Bruno Fernández. Moitos parabens nos teus 6 aniños!!

 

Dia da paz 2017

Para rematar a fermosa xornada do 30 de xaneiro, e conmemorar o día da paz, todo o centro participou na interpretación conxunta dunha canción.

Rematamos a xornada coa interpretación que nos fixeron os nenos/as maiores dunha canción en inglés.

 

Carreira solidaria 5 anos. curso 2017

Unha vez máis o noso centro súmase a carreira solidaria. Gracias a todos polos donativos apartados por cada volta solidaria que deron os vosos fillos/as.

Aquí vos deixo unha mostra dos momentos máis significativos da carreira solidaria 2017.

O posado previo a carreira!!

Preparados...listos.....A correr!!!

A nosa participación foi recoñecida cun bonito diploma!

ACTO DE GRADUACIÓN EN 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL

OS NENOS E NENAS DE 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL REMATARON A ETAPA. E PARA CELEBRALO COAS FAMILIAS, FIXERON UN PEQUENO ACTO DE GRADUACIÓN!!

MIRADE ALGUNHAS FOTOGRAFÍAS DESE DÍA E DO GUAP@S QUE ESTABAN!!

 

 

AGRADAMOS QUE O VOSO PASO Á PRIMARIA VAIA MOI BEN!! SORTE RAPACES/AS!!

MERENDOLA DE DESPEDIDA

XA NA ÚLTIMA SEMANA DO CURSO, E PARA DESFRUTAR DA HORA DA MERENDA TODOS/AS XUNTOS/AS, DECIDIMOS FACER UNHA MERENDOLA PARA TODO O ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL!!

PASÁMOLO MOI BEN E PUXÉMONOS AS BOTAS!!

 

 

ASISTIMOS A UNHA REPRESENTACIÓN DE TÍTERES

       Os compañeiros/as de 5º de EP estiveron preparando con moito esmero e durante bastante tempo unhas obras de títeres e non quixeron rematar o curso sen mostrárnolas aos compañeiros/as de Educación Infantil e 1º de EP, que somos os que máis desfrutamos destas actividades!!

Así é que, despois de recibir a invitación, asistimos mois interesados/as...

 

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE. 5 DE XUÑO DO 2016.

Para conmemorar o Día do Medio Ambiente no cole, levamos varios días recompilando os soños que cada un de nós ten para mellorar o planeta.

Partimos dunha campaña de recollida dos soños da sociedade e nós tamén os plasmamos á nosa maneira nun gran mural no colexio!!

CUMPLES DO MES DE MAIO

No mes de maio e a piques de darlle a benvida ao verán, celebramos no cole os cumples de Mia, Daniela, Lucía, José David, Nico e Pablo Carracedo!!

 

Moitísimas felicidades rapaces e rapazas!! A seguir cumprindo así de ben!! Guiño

 

PIZZA DE LEGUMES

OS NENOS E NENAS DA AULA DE  5 ANOS CONVERTÍMONOS EN COCIÑEIROS!! COMA NO COLE SE VAI LEVAR A CABO O LEGUCHEF, NÓS XA EMPEZAMOS A CREAR AS NOSAS RECEITAS: PIZZA DE LEGUMES, CONCRETAMENTE CON CHÍCHAROS E SOIA. AQUÍ VOS DEIXAMOS ALGUNHA FOTO DA EXPERIENCIA.

 

 

 

A VOLTAS COS NÚMEROS NA CLASE DE 3 ANOS...

Entre outras moitas actividades, na clase de 3 anos seguimos a voltas cos números.


Desta vez fixemos un gran número 3 que coloreamos con pinceis para coñecer a súa "grafía" e traballamos a correspondecia do número con obxectos ou nenos/as agrupándoos, clasificándoos...


 


Na casa tamén podedes traballar os conceptos numéricos cos peques axudándovos de xogos como "A Oca", o "Dominó de puntiños" ou calquera outra actividade que a vós se vos ocorra.

Distribuir contido


by Dr. Radut