Con motivo da celebración do día das bibliotecas, participamos con todo o cole no taboleiro da lingua, colocando os refráns que trouxemos de casa coa colaboración das nosas familias.
O 31 de outubro celebramos unha festa celta chamada Samaín, na que o alumnado disfrutou moito coas cabazas e os disfraces. Canto medo!!!!
O xoves 4 de maio o alumnado de educación infantil, de 1º e de 2º, fomos de excursión ao Ventoso. Disfrutamos das actividades que nos ofreceron coma: facer pan, peitear e alimentar un poni, visitar os animais e poder montar a cabalo. Despois dunha mañán tan divertida, fomos comer a Gabenlle donde poidemos xogar no parque. Foi moi divertido!!!
O alumnado de 1º e 2º visitamos o Pazo da Cultura para celebra a semana do libro. Este ano levaba por título "O mundo que queremos". Visitamos a exposición dos traballos feitos polos nenos e nenas do concello de Carballo e asistimos a unha función de teatro moi divertida!!!
PLANTAMOS!!!
Este curso tivemos a sorte de facer diversas plantacións, en diferentes lugares do cole, incluído o noso marabilloso invernadoiro. Ademais de aprender pasámolo moi ben!!!!
O entroido é unha festa moi divertida, este curso ademáis dos mandadiños disfrazámosnos de espantallos, e gracias ás familias, degustamos dunha deliciosa merenda con filloas, rosquillas, orellas, biscoito e incluso en segundo con galletas que tiñan as iniciais dos nomes do alumnado. Gracias a tod@s.
Tivemos a gran sorte de poder plantar castiñeiros, disfrutamos moito coa experiencia.