Skip to Content

XORNAL DIXITAL

PROCESO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2021/22, EN CENTROS DOCENTES SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS

Ábrese o prazo para a presentación de solicitudes novas de matrícula dende o 1 ao 22 de marzo.

Nos documentos adxuntos está dispoñible o ANEXO II relativo ao proceso e as VACANTES para o curso 2021/2022, o ANEXO pódese descargar para cubrir e posteriormente entregar asinado no centro, tamén no seguinte enlace da Consellería de Educación, podedes consultar toda a normativa relacionada co proceso de ADMISIÓN, así como xestionar a propia solicitude. Pinchar aquí

A documentación a presentar é a seguinte:

-Formulario de solicitude de admisión ANEXO II (dispoñible na secretaría do centro e na páxina web onde se pode cubrir en liña e imprimir).

RECOMENDACIÓNS LITERARIAS PARA O NADAL

Benqueridas familias,

Achéganse unhas datas de descanso para a comunidade escolar, polo que dende a Biblioteca do centro, queremos facer unha serie de recomendacións literarias para gozar do tempo libre durante as vacacións, e non se nos ocorre mellor xeito de pasar algunha destas horas de lecer que lendo algunhas das historias que aquí vos propoñemos.

Bo Nadal a tod@s!!!

 

VACACIÓNS DE NADAL

Estimadas familias, vos comunicamos que as vacacións de NADAL comprenden desde o 23 de decembro ata o 10 de xaneiro, ámbolos dous incluidos, é dicir ata o luns 11 non comenzan as clases.

PREMIO CERTAME CONTOS DE NADAL

Noraboa ao noso alumno BRUNO MARTÍNEZ RODRÍGUEZ, gañador do CERTAME CONTOS DE NADAL DE LA VOZ,  co conto «A fin do egoísmo nos tempos de Nadal» elexidode entre 184 traballos presentados de distintos centros da Costa da Morte.

Moitos parabéns Bruno!!!!

AQUÍ PODEDES VER A NOTICIA NA VOZ DE CARBALLO

25 N - DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Hoxe, 25 de novembro de 2020, conmemoramos o "Día internacional contra a violencia de xénero".

Aquí podedes ver o vídeo creado con debuxos de nenos e nenas de educación infantil, onde escenifícan as estrofas da canción "La puerta violeta" de Rozalén.

#CEIPGÁNDARASOFÁNENNEGRO

DÍA DA INFANCIA 2020

Hoxe, 22 de novembro conmemórase o Día Mundial dos Dereitos da Infancia e nós, por suposto, quixemos celebralo no centro escolar. Para iso, o pasado venres e nas diferentes aulas, lemos e reflexionamos sobre o libro titulado TEÑO DEREITOS de Miguel Robledo. Feliz Día da Infancia a tod@s dende a Biblioteca do CEIP Gándara!!!

CERTAME FOTOGRÁFICO DE SAMAÍN

Dende a Biblioteca Escolar, queremos agradecer a vosa participación no certame fotográfico de Samaín.

DÍA DA BIBLIOTECA 2020

24 DE OUTUBRO: DÍA DA BIBLIOTECA: ESCOITA OS NOSO CONTOS!!!

O vindeiro sábado 24 de outubro conmemoramos o Día da Biblioteca e queremos celebralo lendo varios contos que serán publicados mañá neste blog de biblioteca e nos respectivos blogs de aula.

O alumnado de 3 anos lerá o conto LÚA LÚA SOL.

O alumnado de 4 anos lerá o libro FROITAS.

O alumnado de 5 anos lerá o libro ANIMAIS.

CLÁUSULA COVID BIBLIOTECA

Remitimos documento específico en canto ó funcionamento da biblioteca no presente curso escolar 2020-2021, tendo en conta as medidas que deben ser adoptadas no relativo á crise sanitaria actual.

Equipo de Biblioteca

Distribuir contido


by Dr. Radut