Hoxe participamos na fase local do Cross escolar de Carballo co noso alumnado, trouxemos dúas medallas de plata para o cole e varios clasificados para a seguinte fase intercomarcal.
Noraboa a Mateo e Sabela polas medallas e ao resto dos participantes!!!
Estimadas familias, comunícase que o luns DÍA 5 DE DECEMBRO, non será lectivo no noso centro, logo da comunicación de concesión pola Xefatura Territorial de Educación.
Alumnado grego coñece Carballo a través do Ceip de Sofán, este pasado venres desde as aulas de 6º de primaria do noso centro, conectamos cun centro educativo de primaria en Volos, Grecia,mediante videoconferencia.