Skip to Content

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO DESTINADO AO ALUMNADO MATRICULADO EN 3º E 5º DE E. PRIMARIA

Lugar de presentación: nos centros docentes nos que estea matriculado o alumnado.

Prazo de presentación: do 2 de xuño ao 30 de xuño de 2015, ambos inclusive.

 

Para descargar o impreso pinchar aqui

Para consultar a Orde do 21 de maio de 2015 pola que se regula o fondo solidario de libros de texto destinado ao alumnado matriculado en 3º e 5º de educación primaria pinchar  aqui

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO DESTINADAS AO ALUMNADO MATRICULADO EN 1º,2º,4º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

 

Lugar de presentación: nos centros docentes nos que estea matriculado o alumnado.

Prazo de presentación: do 2 de xuño ao 1 de xullo de 2015, ambos inclusive.

- Para descargar o impreso pinchar aquí

Para consultar a Orde do 22 de maio de 2015 pola que se convocan axudas para a adquisición de libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º, 2º, 4º e 6º de educación primaria pinchar aqui

 

MATRICULACIÓN DE ALUMNADO DE NOVA INCORPORACIÓN

- As datas de matriculación do alumnado de nova incorporación ao centro son do 20 ao 30 de xuño.

- Lugar: no centro (CEIP Gándara-Sofán)

- Documentación: - O impreso cuberto (que se pode recoller no centro ou                                   pinchando aquí).

                            - 2 fotos tipo carnet.

RESOLUCIÓN DA COMISIÓN DE ESCOLARIZACIÓN

A Comisión de escolarización designou a tres novas alumnadas para no noso centro.

 

LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2015-2016

 

Publicouse no taboleiro de anuncios do centro a listaxe definitiva de admitidos para o vindeiros curso 2015-2016.

 

Pódese consultar tamén premendo aquí

LISTAXE PROVISIONAL DE ALUMNADO ADMITDO CURSO 2015-2016

Publicouse no taboleiro de anuncios do centro a listaxe provisional de admitidos para o vindeiros curso 2015-2016.

Tamén se pode consultar aquí.

 

 

JORGE MIRA VISITA O CEIP GÁNDARA SOFÁN

O pasado 22 de Abril, coincidindo coa celebración da nosa "Semana do Libro", recibimos unha ilustre visita: O científico Jorge Mira.

Nesta interesante actividade, incluída tamén no noso proxecto "Xogando a ConcienciArte",  pudimos observar da súa man algúns experimentos e curiosidades da ciencia coas que o pasamos fenomenal e aprendimos moito.


O periódico LA Voz de Galicia recolle a noticia na súa edición impresa e dixital. Premendo na Fotografía podedes acceder á noticia íntegra.

 

INFORMACIÓN SOBRE ADMISIÓN DE ALUMNADO 2015-2016

- O proceso de admisión de alumnado 2015-2016 ríxese pola lexislación que se pode consultar no seguinte enlace.

- Datas de presentación da solicitude de admisión do alumnado para o curso 205-2016: do 1 ao 20 de marzo (o último día ao ser festivo amplíase o prazo ata o día 23).

- Lugar de presentación: no centro que se elixa como primeira opción.

- Documentación a presentar: fotocopia do libro de familia ou fotocopia do DNI do alumno/a.

ACTUACIÓNS DE NADAL 3º CICLO

Actuacións Nadal 2014

Queridas familias!

Aquí deixamos unha pequena mostra das nosas brillantes actuacións do festival de Nadal deste ano.

Esperamos que o pasarades xenial no festival e que vos gustasen as nosas aportacións e o decorado que preparamos para a ocasión.

Aínda que a calidade dos videos é limitada polo feito de subilos á web, desexamos que os disfrutedes!!

 

FESTIVAL NADAL 2014 DO 2º CICLO

ACTUACIÓNS DE NADAL 2014

 

Estimadas familias do CEIP Gándara Sofán!!

Nos videos que veredes abaixo publicamos as nosas actuacións no festival de Nadal deste curso!!

Esperamos que as disfrutedes en familia e pasedes un rato agradable vendo o ben que o facemos!!

 

Bo Nadal e Feliz 2015

 


 

Distribuir contido


by Dr. Radut