LEMBRANZAS.

Este mes de novembro continuamos co proxecto"Familia" e gracias a  vosa colaboración recibimos unhas caixas moi fermosas cheas de lembranzas familiares. Aquí vos deixo unhas fotos das caixas da aula de 3 anos. 

Lucía trouxo na caixa a súa boneca "Nenuco" e tamén unha taza que lle regalou seu curmán dunha visita a Marcelle. 

O pai de izan participa en carreiras de coches e Izan trouxo os cascos e as gafas que emprega cando acude ás mesmas. Na foto tamen podemos ver o seu boneco favorito.

 

 Paula Iglesias trouxo unhas cunchas da praia de Sanxenxo, onde estivo coa súa familia. Garda uns recordos moi bonitos da serea no mar.

Sofía trae na súa caixa lembranzas das viaxes a Portugal(unha campá co galo típico de Portugal) e a Lanzarote( unha carteira) onde estivo cos seus pais e súa irmá.

Na caixa de Alex atopamos a camiseta do seu equipo favorito, unha foto de cando era bebe e un bastón que foi regalo do seu pai.

Paula Dominguez trouxo na caixa un boneco da cando era bebe, xunto cos seus zapatiños, cos que  lembra que visitou a súa avoa. 

 

Enzo amósanos unhas fotos da viaxe que fixo a Miami para ver a súa familia. Foi cos seus pais e a súa irmá. 

Delia mostra na foto a súa boneca favorita e o bastón de Santiago de Compostela, que mercou no ano santo cando foi de visitar a cidade coa súa familia. 


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design