LETRAS GALEGAS 2016
Co gaio da celebración das Letras Galegas no noso centro, foron moitas as actividades que fixemos para homenaxear a Manuel María!!
Visitounos Manuel de Paderne e deleitounos con versos de Manuel María!!
Interpretamos "Caracol, caracoleiro" (interpretada por Suso Vaamonde e con letra do poema do autor homenaxeado) e uns compañeiros/as e grandes artistas tocaron e cantaron en galego!!
Fixemos unha pequena exposición con información sobre Manuel María e en cada aula traballouse un pequeno poema da obra "Soños na gaiola"!!
Empregamos os "escornabots" para facer xogos con datos da vida e obra de Manuel María!!
E practicamos moito nos E.D.I.s con enlaces Lim sobre o autor!!
Participamos nunha carreira de orientación na que todas as probas e preguntas discorrían arredor do autor homenaxeado!!
E este foi o equipo gañador!!!!
Pasámolo xenial!!!
Feliz día das Letras Galegas!!!