FROITA NA ESCOLA

Esta semana no noso colexio foi un pouco diferente, tivemos a primeira semana da “Froita na escola”.
Nos recreos baixabamos ao ximnasio e alí todos xuntos comíamos unha froita e cando sobraba podíamos repetir. Gustounos moito a experiencia, de feito, o venres dixemos:
-Oh, que mágoa que se rematase a semana!!!!
Os profes quedaron moi sorprendidos de que fosemos “tan bos comedores de froita”. Parabéns para todos/as e a seguir así!!!!!
Proximamente haberá a segunda semana da froita. Seguiremos informando e deixando máis fotiños.

 

                      

 

Pois xa chegou a 2ª semana e gustounos tanto coma a primeira. Como xa estamos en xuño a froita comémola no primeiro recreo e no segundo, algúns, aínda volvemos a entrar no ximnasio por se aínda hai algo. 

Esta semana a froita que tocaba era máis sorpresa, ninguén "se foi da lingua" e ata que, á segunda hora, chegaban os pregoeiros  polas aulas e nós acertábamos as adiviñas non sabíamos nada.

Nesta segunda semana eran máis froitas de temporada e a que máis nos sorprendeu, pois coñecíamola menos, foi o paraguaio.

Estaban todas moi boas!!!!

Xa quedamos á espera de cando volverá.....

Por certo, tamén contarvos que aproveitabamos os restos para levalos ao composteiro de restos orgánicos e ir conseguindo compost para o noso "furuto horto".

            

 

                                                    

  

Powered by Drupal - Design by artinet