Blog de Infantil
Aniversario Delia
A nosa Delia xa cumpliu os 5 aniños! Moitos parabens Delia!.
Que sigas medrando así de ben.

CARTA DOS NENOS E NENAS DE 3 ANOS ÁS SÚAS FAMILIAS
Estimadas familias:
Este trimestre comezamos unha nova aventura: o colexio.
Ao principio estábamos algo nervios@s, pois non sabíamos que nos iamos atopar. Agora xa sabemos que o colexio é un espazo agradable onde facemos cousas moi divertidas: aprendemos multitude de cancións, bailamos, xogamos con novos amigos e amigas, aprendemos cousas novas... De seguido poderedes ver algúns exemplos:
No período de adaptación gustounos moito xogar coa plastilina, coa cociniña, cos coches... e elaboramos un minimundo selvático.
Foron pasando os días e celebramos o Magosto e o Samaín coa mestra Miriam (pois a mestra Sabela, como ben sabedes, tivo mala pata). Durante ese tempo elaboramos, entre outras moitas cousas, unha castaña xigante!.
Ademais comezamos a recoñecer as letras do noso nome.
Por outro lado, durante este primeiro trimestre, levamos a cabo o proxecto "O meu corpo" xunto cos demais compañeiros e compañeiras de educación infantil. Entre outras actividades medímonos con bloques, elaboramos bonecos e fixemos unha silueta cos nosos corpos que logo convertimos nun Papá Noel.
Ademais, comezamos a coñecer os diferentes recunchos da nosa aula:
No recuncho da lóxica-matemática fixemos series, puzles...
No recuncho das letras descubrimos os nosos nomes:
No recuncho da arte descubrimos as cores:
E no recuncho simbólico xogamos con animais e troncos de madeira, coa cociniña e o supermercado, coas bonecas...
Rematada esta primeira etapa do curso só queda disfrutar das vacacións de Nadal sen esquecer que o mellor regalo sodes vos!
Unha aperta, os vosos fill@s.

- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 95
- 96
- 97
- 98
- 99
- 100
- 101
- 102
- 103
- …
- seguinte ›
- última »