Polo Samaín seguindo o proxecto do corpo que estamos a realizar elaborarmos unhas pantasmas (coa silueta das nosas mans) no que indicamos as partes da cara (mans, ollos, boca).
Traballamos a grafomotricidade, utilizando como molde a silueta de diferentes pantasmas.
Xogamos ao xogo de Fantasmín, a nosa pantasma favorita, na PDI!
E construímos o castelo no que vive, con vasos (seguindo as indicacións das tarxetas), e tamén libremente coas pezas de construccións.
Traballamos a simetría recortando cun papel dobrado pola métade aos amigos de Fantasmín (cabazas, mórcegos...).