Bo día alumn@s, como onte foi o Día das Letras Galegas recoméndovos que escoitedes este fermoso poema chamado “María Silencio”, que un amigo do colexio recitou para vós onte en homenaxe a Ricardo Carvalho Calero, e en celebración do Día das Letras Galegas. https://www.youtube.com/watch?v=-Cr0LWy7Dpc
En canto as actividades de matemáticas, déixovos aquí a planificación semanal das mesmas. Podedes repasar as explicacións que puxen no PDF “semana 18” para facer as actividades de “cálculo e problemas”.
Luns: exercicios do 1 ao 4 do PDF “semana 18” , e exercicios 1 e 2 do PDF “cálculo e problemas”.
Martes: exercicios do 5 ao 8 do PDF “semana 18”, e exercicios 3 e 4 do PDF “cálculo e problemas”.
Mércores: exercicios do 9 ao 11 do PDF “semana 18”, e exercicios 5 e 6 do PDF “cálculo e problemas”.
Xoves: exercicios 12 e 13 PDF “semana 18”, e exercicios 7 e 8 do PDF “cálculo e problemas”.
Venres: exercicios 9 e 10 do PDF “cálculo e problemas”.
Espero que non tiverades dificultades coas actividades de repaso, e se non xa sabedes o meu correo.
Unha aperta a tod@s!
Xulio.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Mates 5ºAB semana 18 calculo e problemas pdf.pdf | 714.08 KB |
Mates 5ºAB semana 18.pdf | 658.36 KB |