Ola alumn@s, como onte foi o Día das Letras Galegas recoméndovos encarecidamente que se non o fixestes aínda escoitedes este fermoso poema chamado “María Silencio”, que un amigo do colexio recitou para vós onte en homenaxe a Ricardo Carvalho Calero, e en celebración do Día das Letras Galegas. https://www.youtube.com/watch?v=-Cr0LWy7Dpc
E volvendo ao que nos atinxe hoxe, esta semana imos a repasar as operacións combinadas. Tedes aquí a planificación semanal de actividades. Repasade as explicacións que puxen no PDF “semana 18” para facer tamén as actividades de “cálculo e problemas”.
Luns: exercicios do 1 ao 4 do PDF “semana 18” , e exercicios 1 e 2 do PDF “cálculo e problemas”.
Martes: exercicios do 5 ao 8 do PDF “semana 18”, e exercicios 3 e 4 do PDF “cálculo e problemas”.
Mércores: exercicios do 9 ao 11 do PDF “semana 18”, e exercicios 5 e 6 do PDF “cálculo e problemas”.
Xoves: exercicios 12 e 13 PDF “semana 18”, e exercicios 7 e 8 do PDF “cálculo e problemas”.
Venres: exercicios 9 e 10 do PDF “cálculo e problemas”.
Espero que vos saian moi ben tódalas actividades de repaso, unha aperta a tod@s!
Xulio.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Mates 5º APOIO semana 18 calculo e problemas PDF.pdf | 734.35 KB |
Mates 5º APOIO semana 18 pdf.pdf | 900.05 KB |