Skip to Content

Animación á lectura

COÑECENDO OUTROS CLUBS DE LECTURA

O alumnado do club de lectura compartiu opinións sobre lecturas levadas a cabo neste trimestre co centro CEIP Rosalía de Castro de A Coruña, a través de vídeochamada.

Máis información PICA aquí

 

REMATAMOS O CURSO NO CLUB DE LECTURA DE BiblioGalán.

Chegamos á recta final deste curso e o noso club de lectura tamén terá nestas semanas as últimas actividades. Ademais dos tradicionais faladoiros sobre os libros lidos neste trimestre, teremos un debate con algúns invitados especiais e un obradoiro de elaboración de cómic coa autora María Brenn, que terá lugar o mércores 22 de maio ás 12:00 na biblioteca do centro. María é xa coñecida polos alumnos e alumnas do club de lectura, xa que limos o seu cómic Ula e Vinca este curso. Por último, nos últimos días antes das vacacións celebraremos unha merenda literaria con algunha larpeirada e... tamén algúns premios!

 

O SAMAÍN PASOU POLA BIBLIOGALÁN

O Samaín pasou pola BiblioGalán, toda a información no blog BiblioGalán.

 

 

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN!

Botade unha ollada en BIBLIOGALÁN  para ver as propostas lectoras!

QUERES PARTICIPAR EN CONTOS NA LAREIRA?

Prendemos a nosa lareira neste curso, se queres participar preme aquí.

A ligazón lévate a BiblioGalán onde poderás anotarte.

 

CONTOS NA LAREIRA

 

Na #BiblioGalán comezamos un novo proxecto co cal queremos que as familias, profesorado así como o resto de comunidade educativa sexan as verdadeiras e os verdadeiros protagonistas. 

En Galicia temos unha enorme tradición de contos narrados ao carón da lareira nas frías noites de inverno. Pois ese espírito é o que queremos manter na nosa biblioteca e para iso, dende este curso, presentamos o proxecto Contos na lareira, co cal invitamos a calquera persoa da nosa comunidade educativa a vir a ter a palabra na nosa lareira da escola, a biblioteca escolar.

Para poder participar no proxecto, tan só hai que cubrir o seguinte formulario. Este equipo poñeráse en contacto con vós para buscar un día, hora, etc. É importante que leades con moita atención as bases do proxecto, especialmente nestes momentos nos que seguimos pendentes da evolución da crise sanitaria provocada pola Covid - 19. 

Estaremos encantadas e encantados de recibirvos na nosa lareira e de escoitar os contos que tedes preparadas e preparados para todas e todos nós. Agardámosvos!

TODA A INFORMACIÓN ATOPARÉDALA NO BLOGUE DA BIBLIOTECA!

 

 

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O NADAL

Deixamos a guía de lectura que atoparedes tamén no blog da biblioteca do centro.

LECTURAS RECOMENDADAS DESDE A BIBLIOTECA

Distribuir contido


by Dr. Radut