Skip to Content

Blogues

ACTIVIDADE NA BIBLIOTECA

Hoxe, dúas traballadoras da Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) trouxéronnos unha historia na que Mireia, dos Bolechas, nos falan desta discapacidade.

https://bibliogalan.blogspot.com/

BO DÍA

Durante este curso, dende a comisión de convivencia, traballaremos as habilidades sociais.

No mes de novembro incidiremos nos saúdos.

Aquí tedes un vídeo do alumnado de 1ºB aprendendo a dicir "Bo día" en lingua de signos.

CELEBRANDO O SAMAÍN

Como cada ano, celebramos o Samaín no noso centro.

O alumnado puido disfrutar: dun pase de curtos, da exposición de cabazas e da visita ao pasadizo do terror.

Participou tamén a Escola de Infantil de Barrionovo.

Moitas grazas ás familias pola vosa colaboración na elaboración das cabazas.

Vémonos á volta, o 2 de novembro.

CORREO DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

A partir de agora, para calquera consulta no Departamento de Orientación, podedes dirixirvos a:

orientacion.ceip.galan@edu.xunta.gal

Un saúdo

O departamento de orientación

 

AS NOVAS TECNOLOXÍAS E OS NENOS/AS

CIRCULAR 21 DE SETEMBRO DE 2022

RECORDO PARA O ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA. PROMOCIÓN 2016-2022

Deixamos na web un vídeo de despedida para o noso alumnado de sexto de primaria que se graduou no día de hoxe.

Moitas grazas polos vosos agradecementos e que teñades moita sorte!!!

AGASALLOS PARA O CENTRO DO FOGGA

As mascotas do CEIP de Galán, Galana e Blasa, reparten ao alumnado do centro un bonito vaso para tomar o leite.

Os vasos foron enviados polo FOGGA (Fondo Galego de Garantía Agraria) por participar no reparto de leite durante o presente curso.

 

O centro recibiu a entrega por parte do FOGGA dun carro de reparto para a froita e o leite. É o que se está usando para o reparto dos vasos.

Moitas grazas!

LETRAS GALEGAS DENDE INFANTIL

Distribuir contido


by Dr. Radut