Skip to Content

Blogues

ENTREVISTA A PAULO LONDRA

NOTA INFORMATIVA PARA AS FAMILIAS DE SEXTO DE EDUCACIÓN INFANTIL (5 ANOS)

 

Estimadas familias,

 

Durante este curso aumentou o número de alumnado por aula, polo que, desde a Consellería de Educación, habilitouse unha unidade máis para o curso 2019/2020, o que supón, unha mellora na atención ao alumnado. Así, este ano, contaremos con dúas aulas de sexto de Educación Infantil.

Por este motivo, redistribuíronse a listaxe do alumnado de acordo aos criterios establecidos no centro: orde alfabética, paridade, atención ao alumnado con necesidades educativas e separación de xemelgos.

 

Atentamente

O Equipo Directivo

 

NOTA INFORMATIVA PARA AS FAMILIAS DE SEGUNDO DE PRIMARIA

 

Estimadas familias,

 

Durante este curso aumentou o número de alumnado por aula, polo que, desde a Consellería de Educación, habilitouse unha unidade máis para o curso 2019/2020, o que supón, unha mellora na atención ao alumnado. Así, este ano, contaremos con tres aulas de 2º de Educación Primaria.

Por este motivo, redistribuíronse as listaxes do alumnado de acordo aos criterios establecidos no centro: orde alfabética, paridade e atención ao alumnado con necesidades educativas.

 

Atentamente

O Equipo Directivo

 

 

NOTA INFORMATIVA PARA AS FAMILIAS DE PRIMEIRO DE PRIMARIA

 

Estimadas familias,

 

O curso comeza o próximo mércores día 11 de setembro. Poden acompañar aos seus fillos e fillas ao centro o primeiro día de clase. Serán recibidos polo profesorado na biblioteca e poderán subir ás aulas. 

 

A continuación, ao redor das 9:45h, terá lugar unha sesión informativa, na biblioteca, para todas as familias de 1º de Educación Primaria, para comunicarlles que o centro ten concedida a sección Bilingüe na área de Plástica neste curso.

 

Rogamos a súa asistencia.

                                    

Atentamente

O Equipo Directivo

 

CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2019-2020

 

 

CONMEMORACIÓNS

  • 20 de novembro: Día Universal da Infancia.
  • 25 de novembro: Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
  • Do 2 ao 9 de decembro: Conmemoración da Constitución e do Estatuto de Autonomía.
  • 3 de decembro: Día Internacional das Persoas con Discapacidade
  • 10 de decembro: Día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.
  • 30 de xaneiro: Día escolar da non Violencia e da Paz.
  • 8 de marzo: Día Internacional da Muller.15 de marzo: Día Mundial dos Dereitos do Consumidor.
  • Do 9 ao 13 de marzo: Semana da Prensa.Un día desta semana traballarase con xornais.
  • 7 de abril: Día Mundial da Saúde.
  • Entre o 20 e o 24 de abril: Semana do Libro.
  • 2 de maio: Día Internacional contra o Acoso Escolar.
  • 9 de maio: Día de Europa.
  • Do 11 ao 15 de maio: Semana das Letras Galegas.
  • 5 de xuño: Día Mundial do Medio Ambiente.

 

 

GRADUACIÓN ALUMNADO 6º DE EDUCACION PRIMARIA

O noso alumnado de 6º de Educación Primaria celebrou hoxe a súa ceremonia de graduación.

FELICIDADES!! e moita sorte na vosa seguinte etapa.

 

ESPECTÁCULO POLICIAL NO COLISEUM

O pasado día 6 de xuño, todo o alumnado de 3º de Educación Primaria, foi ao Coliseum, onde a Policia Nacional fixo unha demostración dos recursos cos que conta e da maneira de actuar en determinadas situacións de perigo.

 

VISITA AO CONCELLO

Os alumnos e alumnas de 4ºEP visitaron o concello e celebraron un pleno co alcalde de Arteixo Carlos Calvelo, como si de verdadeiros concelleiros se tratasen.
Propuxeron formas para mellorar e cambiar as actividades extraescoleares do noso centro.
Foi todo un éxito!

Distribuir contido


by Dr. Radut