La comida en tu país y en el mío - un proyecto para principiantes de español Os nenos e nenas de 4º e 5º tiñan un amiguiño-a en Finlandia, na escola Eestinkalliou en Esbo , cós que manteñen correspondencia en español, cartas de Nadal, chats, pequenas mensaxes de correo electrónica, grazas ao Proxecto Intercambio de cartas Finlandia-España.
O alumnado de 3º de Primaria estivo traballando os problemas do plástico neste trimestre coa axuda das súas familias. Este problema preocupa a moitas ecolas de todo o mundo coas que compartimos inquedanzas no Proxecto Zero Waste.No segundo trimestre iniciamos un novo Proxecto secuela do anterior ,"One PlasticBag", no que propoñemos solucións para reducir e reciclar bolsas de plástico, xunto con centros da nosa contorna:C.E.I.P Manuel Vidal Portela e o CEIP Plurilingüe da Espiñeira en Aldán, Cangas. Terá continuidade no vindeiro curso escolar.
Curso 2019-2020
Este curso escolar seguimos có Proxecto iniciado no segundo trimestre do curso pasado,"One PlasticBag", no que propoñemos solucións para reducir e reciclar bolsas de plástico, xunto con centros da nosa contorna: CEIP Manuel Vidal Portela e o CEIP Plurilingüe Tirán de Moaña. Será desenvolto nas clases de Plástica en Inglés.
Neste curso escolar traballaremos nun novo Proxecto, no que compartiremos as actividades dos Proxectos desenvolvidos na escola ,especialmente aqueles que afectan ao consumo responsable e respecto do medioambiente: "ecoTwinning all year round" con: Alemania, Croacia, Eslovenia, Estonia, Francia, Italia, Polonia, Reino Unido e outras escolas da contorna.
Compartiremos as lecturas de noso alumnado con escolas de Hungría ,Italia , Polonia, Portugal, Turquía e outras comunidades autónomas españolas, reflexionando sobre as lecturas que son máis motivantes para estas idades no proxecto:
EU READING: THE EUROPEAN COMMUNITY OF READERS.
Este ano tamén colaboremos coa Universidade de Leeds no Proxecto de Formación de futuros profesores có profesorado en Prácticas da Universidade de Vigo no proxecto Trainee Twinning.
Participaremos coas promotoras do Proxecto Zero Waste, nun breve proxecto nunha semana concreta de novembro, do 18 ao 22 de con centros de moitos países nunha actividade de observación do tempo metereoloxico para comparar o nosos clima e ver como os cambios que se produciron nos últimos anos nas escolas dos países participantes no Proxecto World Weather Watch November 2019.
As actividades que levaremos a cabo na proposta da Asociación dos amigos do Camiño Portugues na área de Plástica , tamén serán compartidas cós centros participantes nun Proxecto sobre “O Camiño Portugués”.
Procuraremos formar ao profesorado e alumnado en prácticas no uso da plataforma para poder conseguir una maior implicación cara a futura participación en proxectos Erasmus+.
No período de peche da escola particpamos nun novo proxecto con escolas de Portugal e Polonia: ClimACT News. Neste novo proxecto, os nenos e nenas de 6º de Primaria compartiron as actividades que realizaban en Lingua Castelá, Matemáticas e Plástica en Inglés durante o confinamento .
Convirtíronse en intrépidos reporteiros medioambientais que "viaxaban" dende 2121 realizando traballos de investigación, entrevistas e moitas outras actividades!
curso 2020-2021
Un ano maís colaboramos con escolas de outros países no Proxecto World Weather Watch 2020 facendo actividades de observación do tempo integradas nas distintas materias , de forma similar ao traballo realizado no curso pasado.
Como parte da proposta do equipo de Biblioteca da escola , este curso levaremos a cabo o Proxecto "Artistas no Camiño" no que colaboraremos con escolas polas que pasa o Camiño de Santiago como o Instituto Giner de los Ríos de Lisboa, centro de titularidade española. Este curso escolar será dende Lisboa a Pontevedra . Este proxecto terá continuidade o vindeiro curso escolar coincidindo coas datas do Ano Xacobeo.