ACTIVIDADES, 14 de OUTUBRO 2020
Mércores,14 de outubro de 2020
Bo día,
Algúns de vós debedes permanecer na casa durante uns días debido a esta situación complicada que nos está tocando vivir.
Pero para que non quededes atrás nas tarefas de clase irei subindo o que estamos a traballar na aula cada día.
Recordade:
Poñemos a data con boli vermello, copiamos enunciado con boli azul e resolvemos os exercicios con lapis.
Sempre con boa letra e procurando non cometer faltas de ortografía.
HOXE TOCA TRABALLAR:
LENGUA CASTELLANA
Página 19 del libro, ejercicios 2, 3 y 4
SOCIAIS
Páxina 13 do libro, actividades 1 e 2
- Copia e completa o esquema do tema 1
- Despois copia o resumo
LINGUA GALEGA
Páxina 16 do libro
Copia con boa letra a carta que lle escribe Toto a don Pablo e sinala as partes (Lugar e data, Saúdo, Corpo da carta e Despedida e sinatura)
Ánimo!!! ... e calquera dúbida que teñades preguntádesme polo correo electrónico: elisasenra@edu.xunta.es
Saudiños
Elisa Senra