Skip to Content

As orixes ...

No ano 1880 Enrique García e Manuel Martínez crearon na cidade o primeiro centro " Froebel " na " Casa do Barón " (na actualidade Parador de Turismo).Contaba cunha sección para nenos pobres, subvencionada polo Concello " que pagaba dez céntimos diarios por cada alumno ".

Estes mestres eran discípulos do profesor institucionista da Normal pontevedresa Federico Saiz y Sánchez.

Apróbase a construcción do edificio actual en 1910, previa adquisición dun solar de 231 m. a D. José Riestra, para a construcción dunha escola de párvulos sistema Froebel. O arquitecto institucionista Antonio Florez Urdapilleta, nacido en Vigo en 1877, foi o gañador do concurso convocado pola Xunta Facultativa de construcións civís do Estado. A obra, proxectada en 1914, estivo parada por falta de fondos, adxudicándose en 1924 a Manuel Fontao  García, veciño de Cerdedo. A obra rematou no ano 1936.  

A comenzos da Guerra Civil o edificio foi incautado pola autoridade militar e destinado a cuartel durante sete anos. Devolto no 1944, converteuse en Grupo Escolar con seis grados.O edificio creado para implantar nel a metodoloxía Froebel, responde ás liñas da citada pedagoxía: grandes ventanais que proxectan luz ao interior,  patio central porticado e acristalado e torres laterais. Foi Graduada, Escola Normal de Mestres, Escola Anexa á Normal.



Libro dixital

Novos teléfonos

Novos teléfonos do centro:

CONSERXERÍA: 886159531

DIRECCIÓN: 886159532

SECRETARÍA: 886159537

FAX: 886159535

Correo:

ceip.froebel@edu.xunta.gal

ABALAR MÓBIL

Abalar Móbil

Correo Edu

page | by Dr. Radut