ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR
A TODOS OS MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA:
De conformidade co establecido na Resolución conxunta do 10 de setembro de 2024 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, realizarase proximamente neste Centro a renovación parcial do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de tódolos sectores educativos do Colexio.
Segundo o Artigo 2º da citada Resolución as eleccións dos representantes dos distintos sectores da comunidade educativa no Consello Escolar realizaranse entre os días 18 e 22 de novembro de 2024.
Na reunión da Xunta Electoral celebrada en 22 de outubro, decidiuse que o prazo de presentación de candidaturas será do 30 de outubro ao 11 de novembro e o día 19 as votacións en tódolos sectores. Aqueles membros da comunidade educativa que desexen presentar a súa candidatura para formar parte do novo Consello Escolar deberán solicitar un impreso no centro.
O censo electoral xa se pode consultar no taboleiro interior do centro, para que poidan comprobar se os datos son correctos e presentar as posibles reclamacións ata o día 30 de outubro.
Animámolos a que presenten as súas candidaturas para poder participar deste modo na xestión do centro e contribuír a un mellor funcionamento do mesmo.
Pontevedra, 23 de outubro de 2024.
O director,
Pedro M. Mariño Rivadulla