Reunións de presentación
Estimadas familias:
Quixéramos informarlles de que a partir do martes día 24 comezaremos as reunións de presentación coas titoras e titores de cada grupo, onde presentaremos a organización do novo curso, aqueles aspectos máis salientables para o bo desempeño académico e as necesarias normas de organización e funcionamento.
Aínda que seredes convocados a través do servizo de mensaxería “Abalar móbil”, achegamos xa as datas das próximas xuntanzas.
Moitas grazas pola vosa colaboración e recibide un cordial saúdo,
O equipo directivo
Martes 24 de setembro:
16:00 a 17:00 reunión de 4º
16:00 a 17:00 reunión de 5ºA e 5ºB (na aula de 3º ep)
17:00 a 18:00 Reunión de 6º de EP
Martes 1 de outubro:
16:00 a 17:00 Grupo 6º de EI
17:00 a 18:00 Grupos de 1º e 2º de EP
18:00 a 19:00 clase de 3º EP
Martes 8 de outubro:
· 17:00 a 18:00 Grupo 5º de EI