Unha visita moi especial
Este venres foi un día de moitas actividades e celebracións:
Día de Rosalía; coas clases ambientadas cos seus poemas e datos da nosa escritora máis célebre. Aproveitade para ver as clases antes de que remate o trimestre.
Familias lectoras; xa que era o último venres de febreiro e coa satisfacción de que se presentaron e leron libros en case tódalas aulas.
E o anuncio do Salón de Libro, xa que estamos convidados a esta festa dos contos e das narracións; onde non faltará a maxia, a maxia de transformar o mundo a través da lectura.
Achegamos algunhas imaxes desta visita de Orbil que sempre ten apertas para repartir.
Un saúdo!